Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 21 de xuño de 2016 Páx. 25714

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Cariño (expediente IN407A 2016/328-1).

Expediente: IN407A 2016/328-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: adecuación LMTA MEA-816 CT Feás.

Concello: Cariño.

Características técnicas:

– Adecuación da liña eléctrica de media tensión aérea MEA-816 (circuíto 1), a 20 kV, cunha lonxitude de 0,038 km, con orixe no apoio existente nº 38 da LMTA MEA-816, condutor tipo LA-110 mm2 e final en apoio que se instalará HVH 15/3500.

– Adecuación da liña eléctrica de media tensión aérea MEA-816 (circuíto 2), a 20 kV, cunha lonxitude de 0,145 km, con orixe no apoio existente nº 35 da LMTA MEA-816, condutor tipo LA-110 mm2 e final en apoio que se instalará HVH 15/4500, en substitución do nº 36 existente.

– Liña eléctrica de media tensión subterránea a novo CT Feás, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,124 km, con orixe no paso aerosubterráneo en apoio que se instalará na liña MEA-816, condutor tipo RHZ1-2 OL-12/20 kV-1×240 Al e final no paso aerosubterráneo en apoio que se instalará en substitución do nº 36 existente da LMTA MEA-816, tras realizar entrada e saída nas celas do CTC proxectado.

– Centro de transformación prefabricado Feás, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Lexislación de aplicación:

– Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 16, do 19 de xaneiro, e BOE núm. 30, do 4 de febreiro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta a esta resolución.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 25 de abril de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2016/328-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: adecuación LMTA MEA-816 CT Feás.

Concello: Cariño.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados:

Nº de predio

Lugar

Cultivo

Propietario/a

Afección de solo en pleno dominio

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica

Apoio nº

m2

ml aér.

ml sot.

m2 aér.

m2 sot.

1

Esteiro de Arriba

Prado

María del Carmen Salgueiro Bellón

Centro transf. + acceso + LMTS

33.21

36.0

2

Esteiro de Arriba

Prado

Descoñecido

15.0

1.0

112.0

3.0

3

Esteiro de Arriba

Prado

Antonio Bellón Crego

12.0

5.0

124.0

13.0

4

Esteiro de Arriba

Prado

José Luis Fraguela Santiago

Amelia Fraguela Santiago

María Otilia Fraguela Santiago

Teresa Fraguela Santiago

Inés Fraguela Santiago

1 paso aerosubt.

9.0

12.0

5.0

117.0

22.0