Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 21 de xuño de 2016 Páx. 25769

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2016 pola que se anuncia a corrección de erros e o levantamento da suspensión acordada polo Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais no expediente 2016/CSEA1/000002.

Con data do 1 de abril de 2016, o Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais dita resolución na que estima parcialmente o recurso especial en materia de contratación número 131/2016 C.A. Galicia 19/2016 interposto contra os pregos da licitación para a contratación do servizo de expedición dos títulos oficiais e de Suplementos Europeos ao Título (SET) dos alumnos da USC, publicado no Diario Oficial de Galicia do 9 de febreiro de 2016.

Procédese ao cumprimento da Resolución do Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais nos termos que seguen:

a) Realizar a corrección do punto 11.1 do anexo I ao prego de cláusulas administrativas particulares, de especificacións do contrato.

Onde di:

Criterios

Valoración (%)

Sobre C: criterios valorables por fórmula: 50 puntos:

Oferta máis económica =   (oferta que se valora – oferta máis económica) × 50

                                        (orzamento de licitación – oferta máis económica)

50 puntos

Sobre B: criterios non avaliables de forma automática.

Melloras ás condicións do prego.

Entre as melloras poden ofertarse as seguintes:

– A mellora nos sistemas de envío e recepción dos títulos, que acurten os prazos de entrega aos alumnos.

– A mellora na documentación e datos de entrega aos alumnos (soportes e contidos).

– A colaboración na xeración e entrega do e-SET.

– Calquera outra mellora que afecte a prestación do servizo de entrega de títulos, SET e e-SET.

30 puntos

Memoria técnica do servizo para a súa boa execución. Plan de xestión.

20 puntos

Debe dicir:

Criterios

Valoración (%)

Sobre C: criterios valorables por fórmula:

80

Prezo: 50 puntos:

Oferta máis económica =   (oferta que se valora – oferta máis económica) × 50

                                        (orzamento de licitación – oferta máis económica)

50

Melloras: 30 puntos.

1. Mellora nos sistemas de envío e recepción dos títulos: 10 puntos.

– Posta á disposición de sistemas informáticos para o seguimento da xestión da impresión de títulos e SET: 7 puntos.

– Posta á disposición da USC da información xerada pola personalización dos títulos: 3 puntos.

2. Mellora na documentación e datos de entrega aos alumnos (soportes e contidos): 10 puntos.

– Entrega de formatos complementarios aos alumnos (copia dixital, facsímil…): 3 puntos.

– Entrega de títulos con contidos adicionais (sobres personalizados, tubos personalizados…): 7 puntos.

3. Colaboración na xeración e entrega do e-SET: 10 puntos.

– Xeración de formatos de e-SET: 7 puntos.

– Entrega de datos á USC para a xeración do e-SET: 3 puntos.

30

Sobre B: criterios non avaliables de forma automática.

Memoria técnica do servizo para a súa boa execución. Plan de xestión.

20

b) Levantar a suspensión acordada polo Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais o 3 de marzo de 2016 e reiniciar a tramitación do procedemento de contratación.

Ábrese un novo prazo de presentación de ofertas ata o día 26 de agosto de 2016, ás 14.00 horas. A data de apertura do sobre B será o 8 de setembro de 2016 ás 13.00 horas e a do sobre C, o 22 de setembro de 2016 ás 13.00 horas, na sala de xuntas da Casa da Balconada, Rúa Nova, 6, 15782 Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2016

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela
P.D. (Resolución do 22.9.2015; DOG do 5 de outubro)
José Manuel Villanueva Prieto
Xerente da Universidade de Santiago de Compostela