Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 22 de xuño de 2016 Páx. 26397

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2016 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de desenvolvemento e coordinación dos cadros de indicadores na arquitectura dos sistemas de análise corporativos no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (expediente 35/2016).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 35/2016.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: é obxecto desta contratación o servizo de desenvolvemento e coordinación do sistema e modelo de análise corporativo da Administración pública galega:

a. Desenvolvemento de cadros de indicadores corporativos.

b. Evolución de cadros de indicadores existentes.

c. Administración e evolución da plataforma base de sistemas de análise corporativos.

d. Colaboración na coordinación metodolóxica dos sistemas de análise corporativos.

b) División por lotes e número: non.

c) Prazo de execución: 18 meses contados a partir da data de formalización do contrato.

d) Admisión de prórroga: si; por un prazo igual ou inferior ao fixado orixinariamente.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 645.300,00 € máis 135.513,00 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 780.813,00 € (setecentos oitenta mil oitocentos trece euros).

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención da documentación e da información:

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=39510

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de prazo de presentación das proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día 26.7.2016, de acordo co establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

b) Documentación que se deberá presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Entidade: Rexistro da Amtega.

2º. Enderezo: Edificio CINC; Monte Gaiás, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberase cumprir o establecido no número 10.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas:

O lugar, día e hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicaranse no perfil do contratante.

10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados no número 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio de licitación ao DOUE: 16 de xuño de 2016.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2016

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

missing image file