De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle e outórgaselle audiencia, ao/á titular do establecemento que no anexo se menciona, no procedemento de baixa e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Mediante a visita da Inspección comprobouse que no establecemento que se relaciona no anexo non se realiza nin exerce a actividade turística.
Considerando que no expediente non consta ningunha comunicación do cesamento da actividade, esta área provincial acordou, ao abeiro do establecido no artigo 46 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, e no artigo 17 do Decreto 82/1987, do 26 de marzo, polo que se crea o Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia, iniciar o expediente de baixa de oficio do establecemento relacionado no anexo.
O que se notifica ao titular do establecemento referido no dito anexo, para que no prazo de quince (15) días poida efectuar as alegacións que considere pertinentes e poida examinar o expediente e obter copias dos documentos contidos nel, na Área Provincial de Turismo de Pontevedra.
Pontevedra, 26 de maio de 2016
Mª Ángeles Herrero Pérez
Xefa da Área Provincial de Turismo de Pontevedra
ANEXO
Establecemento: A Vella Escola.
Signatura: H-PO-001761.
Razón social: A Vella Escola, S.L.
Enderezo: Arras, 15.
Concello: Salvaterra de Miño.