Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 22 de xuño de 2016 Páx. 26311

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda)

EDICTO (PO 4530/2008).

Procedemento ordinario: 4530/2008-E

Recorrente: Asociación Alternativa Veciñal Vigo

Letrado: José Antonio Somoza Blanco

Procurador: José Amenedo Martínez

Admón. demandada: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte

Letrado: letrado Xunta de Galicia

Codemandado: Concello de Vigo

Letrado do Concello de Vigo

Procurador: Antonio Pardo Fabeiro

No procedemento ordinario tramitado nesta sección co número 4530/2008 acordouse expedir este edicto co fin de que se publique nese Diario Oficial de Galicia, a parte dispositiva da sentenza ditada polo Tribunal Supremo o día 10.11.2015.

Texto. «Sentenza. Resolvemos. Primeiro. Que debemos declarar e declaramos que procede o recurso de casación interposto en representación da Asociación Alternativa Vecinal de Vigo contra a sentenza da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, do 20 de febreiro de 2014 –recurso contencioso-administrativo 4530/2008 que agora queda anulada e sen efecto. Segundo. Que debemos estimar e estimamos o recurso contencioso-administrativo interposto en representación da citada asociación contra a Orde da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte da Xunta de Galicia, con data do 16 de maio de 2008, pola se aproba definitiva e parcialmente o Plan xeral de ordenación urbana de Vigo e contra a Orden da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, con data do 13 de xullo de 2009, pola que se aproba definitivamente o documento de cumprimento da citada orde en canto ás cuestións que nela quedaron en suspenso e, en consecuencia, debemos declarar e declaramos a nulidade das referidas ordes aprobatorias do Plan xeral de ordenación urbana de Vigo. Terceiro. Non facemos imposición de custas no proceso de instancia, que serán por conta de cada parte no recurso de casación. Así, por esta nosa sentenza, que deberá inserir o Consello Xeral do Poder Xudicial na publicación oficial de xurisprudencia deste tribunal supremo, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo. Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado relator, Mariano de Oro-Pulido y López, estando constituída a sala en audiencia pública, do que certifico.

A Coruña, 26 de maio de 2016

Inmaculada Pérez Arrojo
A letrada da Administración de xustiza