Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 22 de xuño de 2016 Páx. 26315

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 494/2016).

María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sección número 2 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 494/2016 desta sección, seguido por instancia de María Dolores Hurtado Ventoso contra o Fogasa e Chen Jinxiao, sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

Resolvemos:

Que, rexeitando o recurso de suplicación interposto por María Dolores Hurtado Ventoso contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela do 11 de novembro de 2015, debemos confirmar integramente a resolución contra a que se recorre.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante a Sala do Social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida dos catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo de observacións ou concepto da transferencia os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, o orixinal incorporarase ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E, para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en legal forma a Chen Jinxiao, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 11 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza