Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 22 de xuño de 2016 Páx. 26317

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4516/2015).

María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de Xustiza da sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 4516/2015 desta sección, seguido por instancia de Carlos Alberto Pastor Santiso contra Fogasa, Cooperativa Farmacéutica Galega (Cofaga), Transportes Rivefarma, S.L., I-Vamos, Empresa de Servicios Especilizadados, S.L., Manuel Riveiro Rodríguez sobre reclamación de cantidade, ditouse a seguinte resolución:

«Decidimos que desestimando o recurso de suplicación interposto por Carlos Alberto Pastor Santiso, contra a sentenza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, en xuízo instado polo recorrente contra as empresas Transportes Riverfarma S.L., I-Vamos, Empresa de Servicios Especializados, S.L., Cooperativa Farmacéutica Galega (COFAGA), e Manuel Riveiro Rodríguez, e Fondo de Garantía Salarial, a sala a confirma integramente.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo. Seguen as sinaturas e a publicación».

E para que sirva de notificación en legal forma a Transporte Rivefarma, S.L. e I-Vamos, Empresa de Servicios Especializados, S.L. na actualidade en ignorado paradoiro, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 20 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza