Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 27 de xuño de 2016 Páx. 27115

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 6 de xuño de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, polo que se lle notifica ao interesado que acredite a representación no recurso de alzada interposto contra a Resolución da Xefatura Territorial de Pontevedra do 28 de outubro de 2014, ditada no expediente sancionador PO-250/2014.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio para que acredite a representación no recurso de alzada interposto contra a Resolución da Xefatura Territorial de Pontevedra, do 28 de outubro de 2014, ditada no expediente sancionador PO-250/2014, tramitado na provincia de Pontevedra por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

O interesado poderá comparecer, para o coñecemento íntegro da dita resolución, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, no Servizo Técnico-Xurídico da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza; Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo correspondente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que o interesado compareza, sen prexuízo de que o interesado poida presentar calquera outro recurso que coide conveniente.

Este anuncio publícase para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último domicilio coñecido do interesado, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2016

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia, Administracións
Públicas e Xustiza

ANEXO

Nº expediente

Recorrente

Enderezo

Establecemento

Acto notificado

PO-250/2014

Vicente Piñeiro Soliño

R/ Ferrol, s/n

36940 Cangas

Thays

Requirimento de acreditación da representación no recurso de alzada interposto contra a resolución ditada no expediente PO-250/2014