Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 27 de xuño de 2016 Páx. 27129

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Mondoñedo (expediente IN407A 2016/11-2, 8319 AT).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: polígono empresarial As Gándaras, rúa A, parcela U2, Lugo.

Denominación: reforma do CT 2084 Alameda.

Situación: concello de Mondoñedo.

Características técnicas:

Obra civil: consistente na instalación de soleira, contrución dun foso de recollida de aceite, canle para celas de MT e para cadros de baixa, revocado e lucido de paramentos e teito, etc.

Obra eléctrica: consistente na instalación de dúas celas de liña e dúas de protección, instalación dun cadro de BT e a súa ampliacion, instalación dun concentrador, realizar novas pontes entre o CT e as celas de media tensión e entre o CT e o cadro de baixa tensión e instalación dun novo punto de luz normalizados.

Unha vez cumpridos os trámites ordenados no Real decreto 337/2014, do 9 de maio (BOE núm. 139), polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e consonte coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan dos decretos 129/2015, do 8 de outubro (DOG núm. 194, do 9 de outubro) e do 175/2015, do 3 de decembro (DOG núm. 232, do 4 de decembro), polos que se crea e se establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 36/2001, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial e outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpor calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.

Lugo, 3 de xuño de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo