Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 27 de xuño de 2016 Páx. 27133

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2016, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se ordena a publicación no Diario Oficial de Galicia do depósito dos estatutos da Asociación de Empresas Gallegas de Juegos de Azar (Asega).

En cumprimento do disposto no artigo 13 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de asociacións sindicais e empresariais desta secretaría xeral se depositaron os estatutos da Asociación de Empresas Gallegas de Juegos de Azar (Asega), que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: persoas xurídicas existentes ou que se poidan crear no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, que desexen formar parte da mesma, teñan interés no cumprimento dos seus fins, e dediquen a súa actividade a calquera das actividades relacionadas no artigo 3 da Lei 14/1985, do 23 de outubro, reguladora do xogo en Galicia.

Asinan a acta de constitución: Ángel Jesús Chaves Cuíñas en representación da empresa Casino del Atlántico, S.A., Francisco Javier García de los Reyes-García en representación de Galbinsa, S.A.U., Iberplayer, S.A.U., Insular de Bingos, S.A.U., Royal Coruña, S.A., Royal Ferrol S.A., e Royal Vigo S.A.; Alfonso Luis García Morales en representación de Comar Orense, S.L.U., Comar Coruña, S.L.U., Comar Rías Altas, S.A.U., Comar Operadora de Lugo, S.A.U., Comercial Electrónica Recreativa, S.L.U.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2016

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego