Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 29 de xuño de 2016 Páx. 27509

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (866/2013).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 866/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Carmen Ferreiro Campos contra Tórculo Artes Gráficas, S.A. e Fotocopias Maxin, S.L.U., Fogasa, sobre ordinario, se ditou a resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Acordo:

Apróbase a conciliación alcanzada entre as partes, nos termos expresados no antecedente de feito segundo desta resolución.

Considérase que a demandante desiste da demanda presentada por Fotocopias Maxin, S.L.U. e Tórculo Artes Gráficas, S.A.

Suspéndese o acto de xuízo previsto para o día 19 de xullo de 2016.

Arquívense as actuacións.

Notifíquese a presente resolución e fágaselles saber ás partes que a acción para impugnar a validez da conciliación se exercerá ante este mesmo órgano, polos trámites e cos recursos establecidos na LXS. A acción caducará aos trinta días da data da súa celebración. Para os terceiros prexudicados o prazo contará desde que puidesen ter coñecido o acordo. As partes poderán exercer a acción de nulidade polas causas que invalidan os contratos e a impugnación polos posibles terceiros prexudicados poderase fundamentar en ilegalidade ou lesividade.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición, que se deberá interpor ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

E para que sirva de notificación en legal forma a Fotocopias Maxin, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia e no taboleiro de anuncios deste xulgado».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza