Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 29 de xuño de 2016 Páx. 27523

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 25 de maio de 2016, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se publican dúas resolucións nun procedemento tramitado nesta xefatura territorial (expediente 36/00009-I/16 e un máis).

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial e en virtude do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día, coas resolucións ditadas por esta xefatura territorial no procedemento instado polas persoas que se citan no anexo, de conformidade co disposto no artigo 61 da mencionada lei, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da data de publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado (BOE), poderán comparecer persoalmente ou debidamente representados, no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social de Vigo (rúa Concepción Arenal, núm. 8, 1º andar, teléfono 986 81 72 30), en horario de mañá, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer o texto íntegro da resolución. Advírtese que, de non facelo así, se considerarán notificados.

Infórmanse as persoas que se citan no anexo que estas resolucións esgotan a vía administrativa e contra elas poderán interpoñer reclamación previa á vía xurisdicional social, ante esta xefatura territorial, no prazo dos trinta días (30) seguintes á data da publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado (BOE), segundo o disposto no artigo 2 e no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Vigo, 25 de maio de 2016

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Apelidos e nome

DNI/NIE

Expediente

Resolución

Data da resolución

Herdeiros de:

Domínguez Álvarez, Marina

36071102H

36/00009-I/16

Arquivo por falecemento

2.5.2016

Herdeiros de:

Rodríguez Hernández, Flora

36051186C

36/00181-I/15

Arquivo por falecemento

10.3.2016