Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 29 de xuño de 2016 Páx. 27524

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 1 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se publican requirimentos de documentación preceptiva en procedementos tramitados nesta xefatura territorial (expediente 36057095814E e cinco máis).

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ao seren devoltos polo servizo de Correos os requirimentos de documentación enviados no seu día, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo para que, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da data de publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado (BOE), comparezan en persoa ou debidamente representadas no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social de Vigo (rúa Concepción Arenal, núm. 8, 1º andar, teléfono 986 81 72 31), en horario de mañá, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer o contido do requirimento de documentación. Advírtese que de non facelo así, se considerará que desisten da súa petición e arquivarase o expediente, logo de resolución ditada nos termos previstos nos artigos 42 e 71.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 1 de xuño de 2016

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Apelidos e nome

DNI/NIE

Expediente

Bagura s/s, Awall

Y1627817Y

36057095814E

Calin s/s, Cerasela Nicole

Y3306451P

36057070315R

Curras Fernández, Julio

35321013M

36041003215R

Pessegatti s/s, Danielle

X9729536F

36060004015E

Rivero Semprún, María Eugenia

X6880533Z

36057025915E

Rodríguez Cano, José

52855590A

36024006915R