Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 205/2016 por instancia de Santiago Vilariño Serrano contra a empresa Sánchez y Ces Promociones Inmobiliarias, S.L., o Fondo de Garantía Salarial sobre resolución de contrato e cantidade, nos que recaeu sentenza con data do 31 de maio de 2016 que copiada nos particulares necesarios di así:
Decido
Estímase parcialmente a demanda formulada por Santiago Vilariño Serrano fronte á empresa Sánchez y Ces Promociones Inmobiliarias, S.L. e ao Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:
– Declárase extinguida, con data da presente resolución, a relación laboral que une o traballador demandante coa empresa Sánchez y Ces Promociones Inmobiliarias, S.L.
– Absólvese o Fondo de Garantía Salarial das pretensións de condena fronte a el dirixidas.
– Condénase a empresa Sánchez y Ces Promociones Inmobiliarias, S.L. a aboar ao demandante as seguintes cantidades:
Vinte e tres mil seiscentos vinte euros con corenta e oito céntimos de euro (23.620,48 euros) en concepto de indemnización, devindicando xuros legais desde a interpelación xudicial.
Once mil trescentos euros (11.300 euros) en concepto de salarios pendentes de pagamento devindicado, os conceptos salariais o xuro moratorio do 10 %.
Notifíquese a presente resolución ás partes.
Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución bastando a manifestación da parte ou do seu avogado ou graduado social colexiado, ou representante dentro do indicado prazo.
Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso consignar a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.
Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.
E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Sánchez y Ces Promociones Inmobiliarias, S.L. expido e asino o presente edicto.
A Coruña, 7 de xuño de 2016
A secretaria xudicial