Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 1 de xullo de 2016 Páx. 28047

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (675/2014).

DSP. Despedimento/cesamentos en xeral 675/2014

Procedemento orixe: sobre ordinario

Demandante: Jesús Manuel Couselo Ferro

Avogada: Rosa María Martínez Ferreiro

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 675/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Manuel Couselo Ferro contra Talleres J y M Fernández, S.L., Automóviles J y M Fernández, S.L. e SS Fernández Concesionario, S.L., sobre despedimento, se acordou citar a Talleres J y M Fernández, S.L., Automóviles J y M Fernández, S.L. e SS Fernández Concesionario, S.L., co fin de que comparezan na sala de vistas do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, situado na rúa Berlín, s/n, polígono das Fontiñas, CP 15707, o día 26 de xullo de 2016, ás 12.20 horas e ás 12.25 horas, para a celebración dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Poderán comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberán acudir con todos os medios de proba de que intenten valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Fáiselles saber que teñen á súa disposición na oficina xudicial a cédula de citación, copia da demanda e decreto de admisión, e demais resolucións e documentos existentes no procedemento.

Advírteselles ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

No caso de que pretendan comparecer ao acto do xuízo asistidas de avogado ou representadas tecnicamente por graduado social colexiado, ou representados por procurador, porán esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, con obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Para que lles sirva de citación a Talleres J y M Fernández, S.L., Automóviles J y M Fernández, S.L. e SS Fernández Concesionario, S.L., expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Advírteselles ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza