Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 1 de xullo de 2016 Páx. 28049

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (675/2014-acumulación).

DSP. Despedimento/cesamentos en xeral 675/2014

Procedemento orixe: sobre ordinario

Demandante: Jesús Manuel Couselo Ferro

Avogada: Rosa María Martínez Ferreiro

Demandados: Talleres J y M Fernández, S.L., Automóviles J y M Fernández, S.L., Patrimonial Feranpe, S.L., Talleres Fernández Coruña, S.L., SS Fernández Concesionario, S.L., Ifer Coruña, S.L., Integral Motion Assistance, S.L., Fogasa, Talleres J y M Fernández, S.L., Global Automoción, S.L., Compostela Concesionario, S.L., José Luis Fernández Rodríguez, Compostela Automotriz, S.L., Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), Marcelino Fernández Rodríguez

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 675/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Manuel Couselo Ferro contra Talleres J y M Fernández, Automóviles J y M Fernández e SS Fernández Concesionario, sobre despedimento, se ditou Auto do 30 de setembro de 2015 do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva.

Dispoño a acumulación deste procedemento de despedimento ao procedemento de resolución contractual nº 675/2014 seguido perante este xulgado e que continúe a súa tramitación nun único procedemento e se dea de baixa este no libro de asuntos xerais.

Expídase a correspondente certificación literal desta resolución, que quedará unida ao procedemento, e lévese o orixinal ao libro da súa razón.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se interporá ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida na resolución ao xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para interpor recurso, na conta de consignacións do Xulgado do Social número 3 aberta en Banco Español de Crédito, conta nº 5076, debendo indicar no campo Concepto “Recurso”, seguida do código “30 Social-reposición”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o “código 30 Social-reposición”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, incluso se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, e indicar no campo Observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles».

Para que lles sirva de notificación en legal forma a Talleres J y M Fernández, Automóviles J y M Fernández e SS Fernández Concesionario, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2016

A secretaria xudicial