Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 1 de xullo de 2016 Páx. 28051

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 2 de xuño de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada das instalacións do vertedoiro de residuos non perigosos, promovido por Reciclaje Ambiental Lesta, S.L., no concello de Ordes (A Coruña) (clave 2016-I-IPPC-44).

Para os efectos previstos na Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 157, do 2 de xullo) e na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público que, por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a seguinte documentación:

– Proxecto básico para a solicitude da autorización ambiental integrada das instalacións do vertedoiro de residuos non perigosos no municipio de Ordes, A Coruña (maio 2016).

– Estudo de impacto ambiental da execución dun vertedoiro de residuos non perigosos no municipio de Ordes, A Coruña (maio 2016).

– Proxecto construtivo dun vertedoiro de residuos non perigosos no municipio de Ordes, A Coruña (maio 2016).

– Memoria técnica para a xestión de valorización de residuos de construción e demolición no municipio de Ordes, A Coruña (maio 2016).

Co fin de que calquera interesado poida consultala e, de ser o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes. Os citados documentos estarán á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (r/ San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais, poderán consultalos na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (http://www.cmati.xunta.es/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2016

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO
Memoria resumo

Clave: 2016-IPPC-I-44.

Razón social: Reciclaje Ambiental Lesta, S.L.

Domicilio fiscal: lugar de Portobrea, 3, Queixas, Cerceda.

Localización das instalacións: o vertedoiro situarase nos lugares de Porto Fieito e Fonte de Trigo da parroquia de Lesta (Santo André), no concello de Ordes (A Coruña).
Folla 1:50.000 do mapa topográfico nacional núm. 70. Coordenadas UTM ETR89 fuso 29 (x: 544.019, y: 4.775.143).

As características principais do vertedoiro serán as seguintes:

Tipo de vertedoiro: vertedoiro de residuos non perigosos.

Actividade: vertedura de residuos en lugares especialmente deseñados (D5).

Capacidade total: 1.654.169 t.

Cantidade anual que se eliminará: 82.708 t/ano.

Vida útil: vinte (20) anos.

Os lixiviados xerados no vertedoiro almacenaranse en 6 tanques de lixiviados e xestionaranse externamente.

En paralelo á actividade de eliminación, a empresa pretende obter a inscrición da empresa como xestora de valorización de residuos de construción e demolición (RCD) mediante a utilización dunha planta móbil de RCD.