Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 1 de xullo de 2016 Páx. 28053

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Xinzo de Limia (expediente IN407A 2016/12-3).

Visto o expediente para outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Mercadona, S.A.

Domicilio social: avenida de Madrid, 108, 36214 Vigo.

Denominación: LMT e CS para CT Mercadona no parque empresarial de Xinzo de Limia.

Situación: Xinzo de Limia.

Características técnicas:

LMT subterránea a 20 kV de 76 m, con orixe na LMT XIN806 entre os CTS 32CR81 e CT 32CBMB, con condutor RHZ1 3 (1×240) mm2 Al e remate no CS proxectado para o CT Mercadona no parque empresarial de Xinzo de Limia, tipo PFU-5, con celas de entrada e saída e con interruptor en SF6 e protección (parcelas 65, 66 e 67).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013 do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización previa e a autorización administrativa de construción á dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente. Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Ourense, 19 de maio de 2016

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense