Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 1 de xullo de 2016 Páx. 27936

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

EXTRACTO da Orde do 3 de xuño de 2016 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria de bolsas de formación en réxime de empresa tutelada para os/as titulados/as en ciclos formativos de acuicultura e se procede á súa convocatoria.

BDNS (Identif.): 310028.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Españois ou nacionais dun país membro da Unión Europea ou estranxeiro con permiso de residencia en España no momento de solicitar a bolsa e con dominio dalgunha das linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia, que estean en posesión do ciclo formativo de acuicultura na data de remate do prazo de presentación de solicitudes desta orde de convocatoria. Poderase presentar aquel alumnado titulado como técnico medio en Operacións de Cultivo Acuícolas/técnico medio en Cultivos Acuícolas e/ou técnico superior en Produción Acuícola/técnico superior en Acuicultura.

Segundo. Obxecto

Formación en réxime de empresa tutelada de catro persoas tituladas nos ciclos formativos de acuicultura.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 3 de xuño de 2016 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria de bolsas de formación en réxime de empresa tutelada para os/as titulados/as en ciclos formativos de acuicultura e se procede á súa convocatoria.

Cuarto. Contía

O financiamento destas bolsas farase con cargo ás partidas orzamentarias 14 03 422K 480.0 (76.800 €) e 14 03 422K 484.0 (5.120 €) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia dos anos 2016-2018, que se destinarán ao pagamento das mensualidades dos bolseiros e das cotas da Seguridade Social, respectivamente.

O importe bruto mensual de cada bolsa será de oitocentos euros (800 €).

O número de bolsas é de catro.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes, que contará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2016

Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar