Para os efectos previstos no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, acórdase darlles publicidade aos convenios de colaboración asinados no primeiro cuadrimestre do ano 2016 e que se relacionan no anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2016
José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia
ANEXO
Asinantes |
Obxecto |
Data |
Achega de Portos de Galicia |
Portos de Galicia, Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Moaña |
Addenda nº 1 ao convenio para a continuación do paseo marítimo de Moaña ata o paseo da Xunqueira (tramo da Seara) |
28.12.2015 |
210.070,68 |
Portos de Galicia e a EGAP |
Desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación |
4.1.2016 |
Non ten |
Portos de Galicia e o Concello de Corcubión |
Addenda ao convenio de colaboración para a actuación de mellora do saneamento do porto e pavimentación do contorno no dominio público portuario de Corcubión |
9.2.2016 |
Non ten |