Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dos postos de directores e directoras da Rede de centros integrados de formación profesional de Galicia, anunciada pola Orde do 26 de abril de 2016 (Diario Oficial de Galicia nº 86, do 6 de maio), de conformidade co establecido no artigo quinto da citada orde,
DISPOÑO:
Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dos postos de directores e directoras da Rede de centros integrados de formación profesional de Galicia, anunciada pola Orde do 26 de abril de 2016, unha vez vistos os informes emitidos polos consellos sociais e polos claustros de profesores dos centros integrados, tal e como establece o punto 2 do artigo quinto da citada orde.
Segundo. No uso das atribucións conferidas polo punto 4 do artigo quinto da antedita orde, nomear directores e directoras da Rede de centros integrados de formación profesional de Galicia os candidatos relacionados no anexo desta resolución.
Terceiro. O nomeamento referido no punto segundo desta resolución terá efectos administrativos e económicos desde o 1 de xullo de 2016 inclusive.
Cuarto. Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2016
Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
ANEXO
Provincia |
Concello |
Código |
Centro integrado de formación profesional |
Apelidos e nome |
DNI |
A Coruña |
A Coruña |
15022607 |
CIFP Ánxel Casal-Monte Alto |
Rosario Susana Agra Rama |
32621972Z |
A Coruña |
Ribeira |
15014556 |
CIFP Coroso |
Antonio Manuel Teira Rivas |
52456411N |
Lugo |
Lugo |
27006516 |
CIFP Politécnico de Lugo |
Antonio Ibáñez Burgo |
3381909M |
Ourense |
Ourense |
32008902 |
CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel |
Vicente Ribao Docampo |
34603065W |
Ourense |
Ourense |
32016765 |
CIFP Portovello |
Abel Ocampo Sánchez |
34943032Y |
Pontevedra |
Pontevedra |
36020064 |
CIFP Carlos Oroza |
Manuel Hermo Piñeiro |
76778568Z |
Pontevedra |
Ponteareas |
36007552 |
CIFP A Granxa |
María Jesús Pena Fariñas |
32771445X |