Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 6 de xullo de 2016 Páx. 28757

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se procede a designar os membros e facer pública a composición do tribunal que deberá elaborar, supervisar e avaliar as probas para a concesión dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2015/16, e se ditan instrucións para a realización das probas correspondentes.

De conformidade co establecido no artigo 9 e na disposición derradeira primeira da Orde do 11 de abril de 2016 (DOG do 26 de abril) pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2015/16,

DISPOÑO:

Primeiro. Designar os membros do tribunal que deberá elaborar, supervisar e avaliar as probas para a concesión dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2015/16 e facer pública a súa composición, que é a que figura no anexo desta resolución.

Segundo. Fixar a data, horario, lugares de realización das probas e condicións de presentación dos candidatos e das candidatas.

1. As probas celebraranse o día 12 de xullo de 2016 de acordo co seguinte horario:

– Ás 9.30 horas, presentación dos candidatos e das candidatas.

– Das 10.15 ás 12.15 horas, primeira parte da proba.

– Das 12.45 ás 13.45 horas, segunda parte da proba.

2. Centros nos que se realizarán as probas.

Provincia da Coruña:

– CIFP Someso. Rúa Someso nº 6, A Coruña.

Provincia de Lugo:

– IES Sanxillao. Avda. das Fontiñas, nº 171, Lugo.

Provincia de Ourense:

– IES Ramón Otero Pedrayo. Rúa Padre Feixóo, nº 19, Ourense.

Provincia de Pontevedra:

– IES Sánchez Cantón. Avenida Raíña Victoria, Pontevedra.

Terceiro. Presentación dos candidatos e das candidatas.

a) Os candidatos e as candidatas deberán realizar as probas, con carácter xeral, na provincia á que pertenza o centro educativo no que se atope o seu expediente académico. A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa poderá autorizar cambios de sede por causas debidamente xustificadas.

b) Para a realización das probas os candidatos e as candidatas acreditarán a súa identidade co DNI, pasaporte ou calquera outro documento recoñecido en dereito.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2016

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

ANEXO

Tribunal:

Titulares:

Presidenta titular: María del Carmen Cimadevila Cea, subdirectora xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo.

Vogal titular 1: Berta Estrada Arias, inspectora de educación.

Vogal titular 2: Isabel Serna Masiá, inspectora de educación.

Vogal titular 3: José Fisteos Suengas, inspector de educación.

Vogal titular 4: Federico Pérez Morán, inspector de educación.

Vogal titular 5: Manuel Enrique Prado Cueva, inspector de educación.

Vogal titular 6: María Ángeles Aramburu Núñez, inspectora de educación.

Suplentes:

Presidente suplente: Manuel Vila López, subdirector xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado.

Vogal suplente 1: Eduardo José Fernández Ares, inspector de educación.

Vogal suplente 2: Marina Armada Vigo, inspectora de educación.

Vogal suplente 3: Delfín Caseiro Nogueiras, inspector de educación.

Vogal suplente 4: Faustino Martín González, inspector de educación.

Vogal suplente 5: Margarita Pérez Froiz, inspectora de educación.

Vogal suplente 6: Raimundo José Naveira Zapata, inspector de educación.