Notifícaselle a interesada, de conformidade co establecido nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a resolución do expediente sancionador que a continuación se relaciona, anexo I, ao ser devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día.
Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, a persoa interesada podrá interpor recurso de alzada ante a Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria (San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela) a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto no artigo 114 da Lei 30/1992 (LRJ-PAC), e artigo 23 do Real decreto 928/1998, do 14 de maio (BOE do 3 de xuño), do Reglamento xeral sobre procedemento para a imposición de sancións por infraccións na orde social. O recurso interporase ante o órgano que ditou o acto ou ante o competente para resolvelo.
Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos.
Para o coñecento do texto íntegro do acto que se notifica, a interesada poderá comparecer, no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Emprego e Economía Social desta xefatura territorial, sita na avenida da Habana, 79, 7º de Ourense.
Ourense, 20 de xuño de 2016
Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense
ANEXO
|
Nº de expte. |
Nº acta infracción |
Nome ou razón social |
NIF/CIF |
Último domicilio coñecido |
Data da resolución |
Importe da sanción |
|
30/16 |
I322016000006945 |
Joaquina Fdez. Casares |
34902010-Q |
R/ Casa Lomberte, 5, 1º E, 32660 Allariz (Ourense) |
8.6.2016 |
1.252,00 € |


