Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 6 de xullo de 2016 Páx. 28846

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 13 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se fai pública a notificación do expediente 2011/181-32 e un máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e co ditaminado no artigo 22 da Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor, notifícaselles a Julián Marín Jiménez (09043143A) e Azucena Marín Jiménez (02274758N) a Resolución do 4 de maio de 2016 polo xefe territorial e relativa aos expedientes 2011/181-32 e 2011/182-32 por descoñecerse nesta xefatura territorial o seu último domicilio.

Transcorrido o prazo establecido no parágrafo terceiro do artigo 172.2 do Código civil, a persoa interesada non se pode opoñer á resolución ditada nos expedientes citados. Non obstante, poderá facilitar información á entidade pública e ao Ministerio Fiscal.

A persoa notificada ou o seu representante poderán comparecer para coñecemento do contido íntegro do acto e constancia del no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Ourense (rúa Sáenz Díez, 39, baixo. Teléfono: 988 38 65 84 desde as 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Ourense, 13 de xuño de 2016

José Selas Souto
Xefe territorial de Ourense