Eu, Branca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 77/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Elías Meis Míguez contra Trindade García Padín sobre ordinario, se ditaron resolucións en que se acorda:
Dispoño despachar orde xeral de execución da sentenza ditada con data do 13.4.2015 no procedemento ordinario (cantidade) seguido ante este xulgado co nº de autos 589/14 a favor da parte executante, Elías Meis Míguez, fronte a Trindade García Padín, parte executada, por importe de 1.800,62 euros de principal (correspondendo 1.636,93 euros ao principal obxecto de condena e 163,69 euros aos xuros de demora procesual do 10 %).
Declarar o executado Trindade García Padín en situación de insolvencia por importe de 1.716,49 euros, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.
Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.
E para que sirva de notificación en legal forma a Trindade García Padín, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.
Pontevedra, 14 de xuño de 2016
A letrada da Administración de xustiza