Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 8 de xullo de 2016 Páx. 29370

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (805/2013).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 805/2013 por instancia de Marcos Rivera Rodríguez contra a empresa Barbeito y Compañía, S.L., o seu administrador concursal e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 6.6.2016 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución

Estímase a demanda interposta por Marcos Rivera Rodríguez fronte á empresa Barbeito y Compañía, S.L., o seu administrador concursal, con intervención do Fogasa e, en consecuencia, condénase a empresa Barbeito y Compañía, S.L. a aboar a Marcos Rivera Rodríguez a cantidade de cinco mil setecentos corenta e oito euros con corenta e tres céntimos de euro (5.748,43 euros), devindicando os conceptos salariais o xuro moratorio do 10 %, con vinculación de tales cantidades ao administrador concursal, sen prexuízo da responsabilidade que poida alcanzar o Fogasa no suposto de insolvencia da empresa.

Notifíquese a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Barbeito y Compañía, S.L. expido e asino a presente.

A Coruña, 16 de xuño de 2016

O secretario xudicial