Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 8 de xullo de 2016 Páx. 29423

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2016 pola que se anuncia a licitación documentalmente simplificada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de desenvolvemento dunha campaña para a difusión das iniciativas da Axenda Dixital de Galicia 2020, cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (expediente 61/2016).

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 61/2016.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: o obxecto desta contratación é o servizo de creación, deseño, planificación da estratexia e inserción en diversos medios e soportes da campaña de difusión da Axenda Dixital de Galicia 2020.

b) División por lotes e número: non.

c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de execución para a prestación do servizo obxecto do presente contrato será de 5 meses contado a partir do 1.8.2016. Se a data de formalización fose posterior a esta última, o prazo de execución de 5 meses computarase dende a data de formalización do contrato.

d) Admisión de prórroga: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 123.966,94 € (cento vinte e tres mil novecentos sesenta e seis euros con noventa e catro céntimos), máis 26.033,06 € (vinte e seis mil trinta e tres euros con seis céntimos) que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 150.000,00 € (cento cincuenta mil euros).

a) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

b) Teléfono: 981 54 52 86.

c) Fax: 981 54 52 74.

d) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=47646

e) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

5. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia e clasificación: véxase a letra N) do prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día que resulte de contar quince (15) días naturais a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o día de finalización do prazo é festivo ou inhábil, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Entidade: Rexistro da Amtega.

2º. Dirección: Edificio CINC, Monte Gaiás, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no punto 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

7. Apertura das ofertas.

O lugar, o día e a hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicaranse no perfil do contratante.

8. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na letra K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2016

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia