Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 8 de xullo de 2016 Páx. 29421

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2016 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de desenvolvemento e dinamización do espazo intranet da Administración de xustiza en Galicia para a difusión do expediente xudicial electrónico, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (expediente 5/2016).

g.jpg

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de dinamización e desenvolvemento de novas funcionalidades en áreas de difusión na intranet da Administración de xustiza en Galicia, no contexto da implantación do expediente xudicial electrónico e administración xudicial electrónica.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 28.12.2015.

DOUE: 24.12.2016.

BOE: 2.1.2016.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: o valor estimado é de 996.099,17 € (novecentos noventa e seis mil noventa e nove euros con dezasete céntimos).

5. Orzamento base de licitación.

O orzamento máximo autorizado é de 415.041,32 € (catrocentos quince mil corenta e un euros con trinta e dous céntimos), máis 87.158,68 € (oitenta e sete mil cento cincuenta e oito euros con sesenta e oito céntimos) que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 502.200,00 € (cincocentos dous mil douscentos euros).

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 19.5.2016.

b) Data de formalización do contrato: 16.6.2016.

c) Contratista: Atos Spain, S.A.

d) Importe de adxudicación: 408.070,08 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2016

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia