Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 8 de xullo de 2016 Páx. 29404

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2016, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución denominado Planta satélite de almacenamento e regasificación de gas natural licuado (GNL) e rede de distribución en MOP 0,4 bar para subministración a Laxe (A Coruña), promovido pola empresa Gas Galicia SDG, S.A. (expediente IN627A 2016/6-0).

Para os efectos previstos no artigo 73 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, e no artigo 78 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural, sométese a información pública o seguinte proxecto de autorización administrativa:

Peticionario: Gas Galicia SDG, S.A., con CIF nº A15383284 e con enderezo para os efectos de notificación na rúa Lisboa, s/n, Edificio Área Central, local 31-HIJ, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

Antecedentes:

O 16.12.2011 esta dirección xeral ditou resolución pola que se outorgou a Gas Galicia SDG, S.A. a autorización administrativa para distribución de gas natural canalizado no termo municipal de Laxe (A Coruña) (expediente IN627A 2010/8-0); que se publicou no Diario Oficial de Galicia o 22.2.2012 e no Boletín Oficial da provincia do 27.2.2012.

O 9.2.2016 Gas Galicia SDG, S.A. solicitou a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución para a planta satélite de almacenamento e regasificación de gas natural licuado (GNL) e rede de distribución en MOP 0,4 bar para subministración a Laxe (A Coruña). Trátase dunha localización diferente á prevista no proxecto que serviu de base para o outorgamento da autorización administrativa na que se fai referencia nos antecedentes.

Obxecto da petición:

O obxecto da petición é a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución denominado planta satélite de almacenamento e regasificación de gas natural licuado (GNL) e rede de distribución en MOP 0,4 bar para subministración a Laxe (A Coruña).

Descrición das instalacións:

Módulo de regasificación:

A planta satélite situarase na parcela de referencia catastral 15041A504002880000DM, polígono 504, parcela 288. Trátase dunha parcela de 20.008 m2 cualificada como rústica de protección agropecuaria, no lugar de Canle, Laxe, situada ao suroeste do núcleo urbano. Gas Galicia SDG, S.A. chegou a acordo co propietario da devandita parcela.

Proxéctase un módulo de almacenamento de GNL cun depósito vertical de capacidade inicial de 15 m3, ampliable a 30 m3, mediante a instalación dun segundo depósito de 15 m3.

O módulo de regasificación proporcionará gas natural para alimentar a rede de distribución, nas seguintes condicións:

– Presión normal de servizo de almacenaxe de GNL: > 4 bar.

– Capacidade de regasificación: 300 m3(n)/h.

– Presión de subministración de GN: 0,4 bar.

– Temperatura de subministración de GN: 0-20 ºC.

Rede de distribución:

A rede de distribución ten o seu inicio na válvula de saída da planta de GNL, que se instalará na parcela situada na travesía Fenllido.

A rede construirase en polietileno de calidade PE-100 e SDR 17,6/SDR 17 en diámetros de 110, 90 e 63 mm.

Nas redes con MOP 0,4 bar instalaranse limitadores de caudal nas derivacións ao inicio de cada rede secundaria de diámetro DN 63.

Termo municipal: a solicitude afecta o termo municipal de Laxe, na provincia da Coruña.

Orzamento: trescentos setenta mil setecentos vinte e oito euros con trinta e seis céntimos (370.728,36 €).

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos, poidan presentar as súas alegacións, no prazo de vinte (20) días a partir da data de publicación deste anuncio, podendo examinar o correspondente proxecto na Dirección Xeral de Enerxía e Minas, Edificio Administrativo San Caetano, bloque 5, planta 4ª, 15781 Santiago de Compostela, así como na Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Emprego e Industria, rúa Vicente Ferrer, 2, 15071 A Coruña.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2016

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas