Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 8 de xullo de 2016 Páx. 29407

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Burela (expediente IN407A 2016/42-2, 8351 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: polígono empresarial As Gándaras-Rúa A-parcela U2-Lugo.

Denominación: modificado CT 630 kVA na avenida Arcadio Pardiñas, 203.

Situación: concello de Burela.

Características técnicas:

1. LMT soterrada a 20 kV consistente en anelar o CT proxectado entre o CT avda. Arcadio Pardiñas, 206 e o CT Camino Andiana, cunha lonxitude de 188 metros en condutor tipo RHZ1-240 e RHZ1-150.

2. CT avenida Arcadio Pardiñas, 203 en edificio de obra civil, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección, cunha potencia proxectada de 630 kVA, cunha relación de transformación de 20.000-400-230 V.

3. RBT soterrada formada por tres circuítos, con orixe no CT proxectado e final nas CXP situadas en cada un dos portais do edificio que se vai electrificar.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 17 de xuño de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo