Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 8 de xullo de 2016 Páx. 29327

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 30 de xuño de 2016 pola que se modifica o prazo de xustificación da primeira anualidade establecido na Orde do 23 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2016 as axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesado, mobilización e comercialización de produtos forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

A Orde do 23 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2016 as axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesado, mobilización e comercialización de produtos forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, establece no artigo 28 que o prazo de xustificación finalizará o 15 de setembro de 2016 para a primeira anualidade.

Dado que os anexos se publicaron o día 5 de febreiro de 2016, coa consecuente reapertura do prazo de presentación de solicitudes, os beneficiarios recibirán as resolucións de concesión de subvención con pouco tempo para a realización do investimento correspondente á primeira anualidade, polo que se considera oportuno ampliar o prazo de xustificación.

En consecuencia co anteriormente exposto, no exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

ACORDO:

Único. Ampliar o prazo de xustificación da primeira anualidade ata o 15 de outubro, incluído.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2016

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira do Medio Rural