Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 32/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlos Pardo Rodríguez contra Newco Airports Services, S.A., Pedro Tortosa Mondejar, Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Antonia Magdaleno Carmona, sobre cantidade, se ditou a seguinte resolución:
«Decreto 278/2016
Letrado da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades
Santiago de Compostela, quince de xuño de dous mil dezaseis
Antecedentes de feito.
Primeiro. Con data do 15 de xaneiro de 2015 tivo entrada neste órgano xudicial demanda presentada por Carlos Pardo Rodríguez contra Newco Airports Services, S.A., Pedro Tortosa Mondejar, Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Antonia Magdaleno Carmona, que deu lugar á incoación do procedemento ordinario 32/2015.
Segundo. Que a parte demandante presentou escrito en que desiste da demanda e se comunicou o anterior aos demandados, aos cales se lles dera traslado da demanda, Antonia Magdaleno Carmona, Fogasa e Newco Airports Services, S.A., a esta última por medio de edicto, sen que se opuxese á dita desistencia.
Fundamentos de dereito.
Único. Declarada polo demandante a súa vontade de abandonar o procedemento iniciado por el, ás partes demandadas ás cales se lle notificara a admisión a trámite do procedemento con entrega de copia da demanda déuselle traslado deste e non ao non oporse á dita desistencia, procede, de conformidade co establecido no artigo 20.3 da LEC, sobreser as actuacións.
Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,
Parte dispositiva.
Acordo: ter por desistida a parte demandante da súa demanda e acórdase o sobresemento das presentes actuacións e o arquivamento dos autos sen máis trámites.
Incorpórese o orixinal ao libro de decretos, e déixese certificación deste no procedemento da súa razón.
Notifíqueselle á parte demandante vía fax, á demandada Antonia Magdaleno Carmona por correo certificado con notificación de recibo, á demandada Newco Airports Services, S.A., en ignorado paradoiro, por medio de edicto no taboleiro de anuncios deste xulgado e no DOG, e ao Fogasa vía Lexnet.
Modo de impugnación: poderá interporse recurso directo de revisión ante quen dita esta resolución mediante escrito que deberá expresar a infracción cometida a xuízo do recorrente, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación (artigo 188.2 da LXS). O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros na conta número 0049 3569 9200 0500 1274 do Banco Santander, S.A., e deberá indicar no campo concepto a indicación recurso, seguida do código “31 Social-revisión”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso”, seguida do “código 31 Social-revisión”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións da data da resolución contra a que se recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.
A letrada da Administración de xustiza».
E para que lle sirva de notificación en legal forma a Newco Airports Services, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG e a súa colocación no taboleiro de anuncios deste xulgado.
Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou de decreto cando poña fin ao proceso ou resolva un incidente, ou cando se trate de emprazamento.
Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2016
A letrada da Administración de xustiza