Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 8 de xullo de 2016 Páx. 29381

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 63/2016).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 63/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ernesto Rodríguez Castro, Ramón Iglesias Rancaño, Manuel Abad Paredes, Juan Luis Cruces Rodríguez, Juan Ángel Botana Calvo, José Manuel Martínez Merelles, Manuel Pulleira Becerra, contra Fondo de Garantía Salarial, Viproga, S.A., se ditou a seguinte resolución:

«Decreto 282/2016

Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2016.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Ernesto Rodríguez Castro, Ramón Iglesias Rancaño, Manuel Abad Paredes, Juan Luis Cruces Rodríguez, Juan Ángel Botana Calvo, José Manuel Martínez Merelles e Manuel Pulleira Becerra presentaron solicitude de execución da sentenza nº 352/2015, con data do 19.11.2015, ditada no procedemento ordinario 948/10 e acumulado 306/11, fronte a Viproga, S.A. e Fondo de Garantía Salarial e, atendendo á dita solicitude, con data do 21.4.2016 este órgano xudicial ditou auto en que despachaba orde xeral de execución pola cantidade de 131.635,7 euros en concepto de principal (Ernesto Rodríguez Castro: 11.198.38 euros en concepto de salarios e outros, máis 6.037,92 en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET; José Manuel Martínez Merelles: 11.478,05 euros en concepto de salarios e outros, máis 6.188,71 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET; Juan Ángel Botana Calvo: 11.619,77 euros en concepto de salarios e outros, máis 6.265,33 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET; Manuel Pulleira Becerra: 16.820,08 euros en concepto de salarios e outros, máis 9.069,02 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET; Ramón Iglesias Rancaño: 12.047,97 euros en concepto de salarios e outros, máis 6.496 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET; Manuel Abad Paredes: 10.961,39 euros en concepto de salarios e outros, máis 5.910,14 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET; Juan Luis Cruces Rodríguez: 11.397,6 euros en concepto de salarios e outros, máis 6.145,34 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET), máis outros 13.163,57 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Segundo. Consta nas actuacións a declaración previa de insolvencia da parte aquí executada, Viproga, S.A., realizada por decreto do 10.11.2014, ditado por este órgano xudicial na ETX 236/14, cuxa copia testemuñada se une aos autos para os efectos de constancia.

Terceiro. Para cumprir o requisito que se contén no artigo 276.3 da LXS, ditouse, con data do 21.4.2016, decreto en que se daba audiencia previa á parte demandante e ao Fondo de Garantía Salarial para que sinalasen, de ser o caso, a existencia de novos bens co resultado que consta en autos.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. Dispón o artigo 276.3 da LXS que, unha vez declarada xudicialmente a insolvencia dunha empresa, iso será base suficiente para estimar a súa pervivencia noutras execucións e poderase ditar o decreto de insolvencia sen necesidade de reiterar as indagacións de bens do artigo 250 desta lei. Deberase dar audiencia previa á parte demandante e ao Fondo de Garantía Salarial para que sinalen a existencia de novos bens.

Segundo. Na presente executoria cumpríronse os requisitos e os trámites de indagación de bens establecidos nos artigos 250 e 276 da LXS, o que supón concluír, respecto da executada, a pervivencia da situación de insolvencia ao non se coñeceren novos bens daquela sobre os cales facer efectivas as actividades de execución, polo que procede, en cumprimento do efecto previsto no artigo 276.2 da LXS, declarar a insolvencia total, que se deberá entender provisional para todos os efectos, ata que se coñezan novos bens do executado.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar o executado Viproga, S.A. en situación de insolvencia total por importe de 131.635,7 euros en concepto de principal (Ernesto Rodríguez Castro: 11.198.38 euros en concepto de salarios e outros, máis 6.037,92 en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET; José Manuel Martínez Merelles: 11.478,05 euros en concepto de salarios e outros, máis 6.188,71 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET; Juan Ángel Botana Calvo: 11.619,77 euros en concepto de salarios e outros, máis 6.265,33 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET; Manuel Pulleira Becerra: 16.820,08 euros en concepto de salarios e outros, máis 9.069,02 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET; Ramón Iglesias Rancaño: 12.047,97 euros en concepto de salarios e outros, máis 6.496 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET; Manuel Abad Paredes: 10.961,39 euros en concepto de salarios e outros, máis 5.910,14 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET; Juan Luis Cruces Rodríguez: 11.397,6 euros en concepto de salarios e outros, máis 6.145,34 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET), máis outros 13.163,57 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez firme, inscribilo no rexistro correspondente.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante este órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS).

O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274, no Banco Santander, S.A., debendo indicar no campo concepto “recurso” seguida do código “31 Social-Revisión de resolución letrada da Administración de xustiza”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso” seguida do “31 Social-Revisión de resolucións letrada da Administración de xustiza”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un depósito por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Viproga, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza