Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 8 de xullo de 2016 Páx. 29443

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Coirós

ANUNCIO de convocatoria para a provisión en propiedade, polo sistema de concurso-oposición, por consolidación de emprego, dunha praza de traballador/a social de Administración especial.

Por Resolución da Alcaldía do 22 de decembro de 2015, aprobáronse as bases e a convocatoria para cubrir unha praza de traballador/a social de Administración especial para este Concello de Coirós, mediante sistema de concurso-oposición, por consolidación de emprego.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña, núm. 250, do 31 de decembro de 2015, aparecen integramente publicadas as bases da convocatoria para a provisión en propiedade, polo sistema de concurso-oposición, por consolidación de emprego, dunha praza de traballador/a social de Administración especial, vacante no cadro de persoal municipal.

Esta praza ten as seguintes características:

– Grupo: A2, escala: Administración especial, subescala técnica, número de vacantes: 1, denominación: traballador social.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de edictos do concello.

Coirós, 2 de maio de 2015

Francisco Quintela Requeijo
Alcalde