Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 8 de xullo de 2016 Páx. 29444

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Moaña

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudo de detalle dos Barreiros, Meira (expediente 263/2007).

A Sentenza 161/2015 da Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 12 de marzo de 2015, obriga o concello a aprobación definitiva do estudo de detalle dos Barreiros (Meira), segundo o establecido nos artigos 103 e seguintes da Lei 29/1998 (LRXCA). O Pleno da corporación, en sesión que tivo lugar o día 28 de abril de 2016, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar definitivamente o estudo de detalle promovido por Gabriel Piñeiro Costa para fixar aliñacións e rasantes na parcela do agregado urbano nos Barreiros, Meira, redactado polo arquitecto Gumersindo Vázquez Gómez, visado o 25 de xuño de 2008.

Segundo. Publicar o dito acordo no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra.

O acordo de aprobación definitiva do dito estudo de detalle foille comunicado á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia con data do 10 de xuño de 2016, en cumprimento do establecido no artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Contra este acordo, que é definitivo na vía administrativa, ao ser unha disposición administrativa xeral, poderase interpor, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de que se poida exercer, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Moaña, 10 de xuño de 2016

Leticia Santos Paz
Alcaldesa