Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 8 de xullo de 2016 Páx. 29451

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello das Pontes de García Rodríguez

ANUNCIO de licitación do contrato da obra de mellora de camiños municipais en Adá e Somede, financiada con cargo ao Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a explotacións agrarias 2016, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020.

1. Entidade adxudicadora: Concello das Pontes de García Rodríguez.

2. Obtención de documentación e información:

a) Teléfono: 981 45 31 16.

b) Correo electrónico: contratacion@aspontes.org.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=41095.

3. Orzamento base de licitación total, con IVE: 114.847,15 €.

4. Valor estimado: 94.915,00 €.

5. Prazo de presentación de ofertas: vinte e seis (26) días naturais seguintes á publicación do último anuncio no Boletín Oficial da provincia da Coruña ou no Diario Oficial de Galicia.

As Pontes de García Rodríguez, 1 de xullo de 2016

O alcalde
P.D. (Decreto 1251/2016, do 3 de xullo)
José Alén Álvarez
Concelleiro delegado da Área de Réxime Interno e Recursos Humanos