Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 8 de xullo de 2016 Páx. 29452

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO de licitación do servizo de limpeza de edificios e instalacións dependentes deste concello.

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Concello de Vilagarcía de Arousa.

Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Contratación e Patrimonio.

2. Obxecto do contrato:

Descrición: servizo de limpeza de edificios e instalacións dependentes do concello de Vilagarcía de Arousa.

Lugar de execución: Vilagarcía de Arousa.

Prazo de execución: 2 anos.

3. Tramitación e procedemento:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto, suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación:

Sen IVE: 1.510.385,06 €, IVE (21 %): 317.180,86 €, total: (IVE incluído): 1.827.565,92 €.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación e información: Concello de Vilagarcía de Arousa, praza Ravella, 1, 36600 Vilagarcía de Arousa. Teléfono 986 09 92 00; fax 986 50 34 27. Páxina web: http://www.vilagarcia.es. Poderán obter documentos e información ata a data en que finaliza o prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: anexo II do prego de cláusulas administrativa particulares.

Clasificación: non se exixe.

8. Presentación de ofertas: ata o 8 de agosto de 2016 ás 13.30 horas. Lugar: A través da Plataforma de licitación electrónica da Administración local de Galicia (www.leal.gal).

Admisibilidade de variantes ou melloras: si.

9. Apertura dos sobres 2 e 3: entidade, lugar e enderezo: Concello de Vilagarcía de Arousa (praza Ravella, 1), o día fixado no anexo I do prego de cláusulas administrativas particulares, circunstancia que será comunicada aos licitadores e publicado no perfil do contratante.

10. Gastos dos anuncios: os gastos dos anuncios que xera a licitación do contrato será a cargo do adxudicatario ata o límite de 2.000 €, así como os demais indicados na cláusula 22 do prego de cláusulas administrativas Particulares.

Vilagarcía de Arousa, 27 de xuño de 2016

Alberto Varela Paz
Alcalde