Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 11 de xullo de 2016 Páx. 29689

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 20 de xuño de 2016, do Servizo de Mobilidade de Ourense, polo que se notifica a resolución ditada no expediente sancionador en materia de transportes terrestres devolta polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente OU-01176-O-2015).

A persoa titular da Xefatura Territorial de Ourense ditou a resolución do expediente sancionador número OU-01176-O-2015, por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recibo no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícase a resolución ditada a persoa interesada.

Infórmase que o expediente sancionador se atopa á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade de Ourense.

Comunicáselle que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

A sanción imposta foi aboada anticipadamente cunha redución do seu importe, conforme o previsto no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres.

Ourense, 20 de xuño de 2016

Ángel Míguez López
Xefe do Servizo de Mobilidade de Ourense

ANEXO

Expediente

Matrícula

Persoa sancionada

DNI/CIF

Infracción cometida

Data-Hora

Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

OU-01176-O-2015

5340-FPH

Pavimentos Cojobar, S.L.

B09540675

Non levar a bordo do vehículo o título habilitante ou a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

17.7.2015; 20.50; A-52; 143

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros