Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 11 de xullo de 2016 Páx. 29691

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 20 de xuño de 2016, do Servizo de Mobilidade de Ourense, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente OU-00001-O-2016 e catro máis).

A persoa titular da Xefatura Territorial de Ourense ditou a resolución dos expedientes sancionadores número OU-00001-O-2016 e catro máis, por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditados ás persoas interesadas.

Infórmase que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade de Ourense.

Comunicáse que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se facilitará no Servizo de Mobilidade de Ourense.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, cobrarase pola vía de constrinximento, segundo o previsto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Ourense, 20 de xuño de 2016

Ángel Míguez López
Xefe do Servizo de Mobilidade de Ourense

Expediente

Matrícula

Persoa sancionada

DNI/CIF

Infracción cometida

Data; hora; estrada; p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

OU-00001-O-2016

4632-GSC

Nieto Ares, S.L.

B36283331

Diminución do descanso diario fraccionado (sobre 3+9 horas). Igual ou superior a 8 horas e inferior a 9 horas.

11.12.2015; 19.20.00; A-52; 181,0

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 €

OU-00002-O-2016

4632-GSC

Nieto Ares, S.L.

B36283331

Diminución do descanso diario reducido (sobre 9 horas). Igual ou superior a 8 horas e inferior a 9 horas.

11.12.2015; 18.35.00; A-52; 181,0

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 €

OU-00003-O-2016

4632-GSC

Nieto Ares, S.L.

B36283331

Exceso nos tempos máximos de condución diaria (sobre 10 horas). Máis de 10 horas ata 11 horas.

11.12.2015; 19.10.00; A-52; 181,0

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 €

OU-01511-O-2015

2338-GPY

Dayjo Logística, S.L.

B36990356

Non levar a bordo do vehículo o título habilitante ou a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

2.10.2015; 17.00.00; A-52; 132,0

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 €

OU-01512-O-2015

2338-GPY

Dayjo Logística, S.L.

B36990356

Exceso nos tempos máximos de condución diaria (sobre 10 horas). Máis de 10 horas ata 11 horas.

2.10.2015; 17.00.00; A-52; 132,0

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 €

ANEXO