Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 11 de xullo de 2016 Páx. 29664

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda)

EDICTO (PO-4677/2008-E).

Procedemento ordinario 4677/2008-E

Recorrente: CMVMC Matamá

Procurador: José Antonio Castro Bugallo

Letrado: Jerónimo A. Escariz Covelo

Administración demandada: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes. Letrado da Xunta de Galicia.

Codemandados: Concello de Vigo; Consorcio da Zona Franca de Vigo. Letrado dos servizos xurídicos do Concello de Vigo e procurador Lage Fernández Cervera; avogado do Estado.

No procedemento ordinario tramitado nesta sección co número 4677/2008 acordouse expedir este edicto, co fin de que se publique nese Diario Oficial de Galicia a parte dispositiva da sentenza ditado polo Tribunal Supremo o trinta de outubro de dous mil quince e se remita a este sección copia da folla en que se publique, con indicación da data, para a súa unión ao recurso de referencia

Texto:

«Resolvemos:

1º. Que debemos declarar e declaramos que procede o recurso de casación número 194/2014 interposto pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da parroquia de Matamá contra a sentenza número 787/2013, ditada pola Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o 24 de outubro de 2013, no recurso contencioso-administrativo 4677/2008.

2º. Que debemos anular e anulamos e casamos a citada sentenza.

3º. Que debemos estimar e estimamos o recurso contencioso-administrativo 4677/2008, formulado pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da parroquia de Matamá contra a Orde da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, do 16 de maio de 2008, pola que se resolveu aprobar definitivamente de forma parcial o Plan xeral de ordenación municipal de Vigo, e contra a Orde de 13 de xullo de 2009, sobre a aprobación definitiva do documento de cumprimento da Orde da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes do 16 de maio de 2008, sobre a aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal do concello de Vigo.

4º. Que declaramos as devanditas ordes contrarias ao ordenamento xurídico e, en consecuencia, anulámolas.

5º. Que non facemos expresa imposición das custas causadas na instancia e en casación.

6º. Publíquese a resolución desta sentenza no Boletín Oficial de Pontevedra, para os efectos previstos no artigo 72.2 da Lei xurisdicional 29/1998, do 13 de xullo.

Así por esta nosa sentenza, que deberá ser inserida polo Consello Xeral do Poder Xudicial na publicación oficial de xurisprudencia deste Tribunal Supremo, definitivamente xulgando pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado relator José Juan Suay Rincón, estando constituída a sala en audiencia pública do que, como secretario, certifico.

A Coruña, 14 de xuño de 2016

Inmaculada Pérez Arrojo
Letrada da Administración de xustiza