Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 12 de xullo de 2016 Páx. 29960

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 20 de xuño de 2016, da Área Provincial de Pontevedra, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente ES-P-0070/15.

Logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e de conformidade co disposto nos seus artigos 59.5 e 61, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto adoptouse polo xefe territorial de Pontevedra.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Alcade Hevia, nº 7, 4º andar, Pontevedra, concello de Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas de luns a venres.

Transcurrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 20 de xuño de 2016

María Martínez Allegue
Xefa da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: ES-P-0070/15.

Interesada: Débora Cores Carrera.

Acto notificado: resolución do procedemento sancionador en materia de vivenda.