Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 12 de xullo de 2016 Páx. 29961

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, pola que se anuncia licitación para a contratación do servizo de limpeza de centros dependentes da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria (expediente AB-EIV1-16-025).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2º. Domicilio: avenida das Camelias, nº 109.

3º. Localidade e código postal: Vigo, 36211.

4º. Teléfono: 986 21 92 33.

5º. Telefax: 986 21 91 50.

6º. Correo electrónico: chuvi.contratacion.administrativa@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todo os días laborais excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de limpeza de centros dependentes da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo.

c) División por lotes: si.

d) Lugar de execución: centros relacionados no prego de cláusulas administrativas.

e) Prazo de execución: 2 anos.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV: 90911200-8.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: as especificadas na cláusula 6.5 do prego de cláusulas administrativas.

4. Valor estimado do contrato: 1.287.192,53 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 588.360,24 €. IVE: 123.555,65 €. Importe total: 711.915,89 €.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non, ver puntos 5.3.1.f) do prego de cláusulas administrativas.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver pregos de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite da presentación: antes das 14.00 horas do día 29 de xullo de 2016.

b) Modalidade de presentación: ver prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro do Hospital Nicolás Peña.

2º. Domicilio: avenida das Camelias, nº 109.

3º. Localidade e código postal: Vigo, 36211.

4º. Enderezo electrónico: chuvi.contratación.administrativa@sergas.es

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: mesas de apertura dos sobres B e C.

b) Enderezo: sala de xuntas Hospital Nicolás Peña, avenida Camelias, nº 109.

c) Localidade e código postal: Vigo, 36211.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario. Ver cláusulas 3.4 do prego de cláusulas administrativas.

11. Data de envío do anuncio o Diario Oficial de las Comunidades Europeas: 20 de xuño de 2016.

Vigo, 20 de xuño de 2016

Félix Rubial Bernárdez
Xerente de Xestión Integrada de Vigo