Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 12 de xullo de 2016 Páx. 29953

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 29 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se acorda a iniciación do expediente sancionador IN 635-C 2015/43-1 e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as notificacións que non puidesen practicarse faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior e despois de tentada a notificación persoal no último domicilio coñecido aos interesados que se sinalan no anexo, a continuación publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte á súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior e, en virtude do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Ademais, infórmaselles aos interesados que os expedientes están á súa disposición, para coñecer o contido íntegro do acto, nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria na Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 1º andar (Servizo de Administración Industrial), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A Coruña, 29 de xuño de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN 635-C 2015/43-1.

Interesado: José Manuel Raña Bello.

CIF: 30670079Q.

Acto de notificación: iniciación de expediente sancionador.

Concello: Culleredo.

Expediente: IN 635-C 2015/44-1.

Interesado: Adolfo Ponte Bassave.

CIF: 32422638K.

Acto de notificación: iniciación de expediente sancionador.

Concello: A Coruña.