Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 12 de xullo de 2016 Páx. 29951

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 15 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador por infracción na orde social 04/2016.

De conformidade co establecido nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á empresa que a continuación se relaciona a resolución ditada no expediente sancionador por infracción na orde social (materia seguridade e saúde), devolto polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, esta non se puido efectuar.

A interesada durante este prazo poderá presentarse ante o Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo, situado na rolda da Muralla, 70, planta baixa, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución e recoller o documento de pagamento.

Expediente: 04/2016.

Empresa: Construcciones y Excavaciones Rivas Pena Servicios Lucenses, C.B.

CIF: E27456557.

Enderezo: rúa Río Eo, 73, baixo, Lugo.

Preceptos infrinxidos: artigo 16 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, e o artigo 2 do Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, que aproba o Regulamento dos servizos de prevención.

Preceptos sancionadores: artigo 12.1.a) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 18 de maio de 2016.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, a interesada poderá interpor un recurso de alzada, ante a Secretaría Xeral de Emprego, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de acordo co establecido nos artigos 48 e 115.1 da Lei 30/1992, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.

Advírteselle que, de non ser interposto o recurso en tempo e forma, a resolución adquirirá firmeza e deberá aboar a multa imposta a través das entidades colaboradoras que constan no documento de pagamento, xa que, en caso contrario, se procederá á execución pola vía de constrinximento, nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001.

Lugo, 15 de xuño de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo