Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 12 de xullo de 2016 Páx. 29916

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (139/2013).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 139/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Constantino Viqueira Vázquez contra Forjas de Santiago, S.A. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditouse Sentenza número 141/2016 de data 15 de xuño de 2016, cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Vistos por min, Paula Méndez Domínguez, maxistrada do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, os presentes autos número 139/2013 sobre procedemento ordinario, seguidos por instancia de Constantino Viqueira Vázquez, asistido polo letrado Sr. Escariza Fernández, contra Forjas de Santiago, S.L., que non compareceu ao acto do xuízo oral, contra Salustiano Velo Sabín, en calidade de administrador concursal de Forjas de Santiago, S.L., que non compareceu ao xuízo oral, e contra o Fogasa, que non compareceu ao xuízo oral, en virtude das facultades que me foron dadas pola Constitución española, dito a presente sentenza, con base nos seguintes,

Decisión:

Que estimando integramente a demanda interposta por Constantino Viqueira Vázquez contra Forjas de Santiago S.L., Salustiano Velo Sabín (administrador concursal) e o Fogasa, debo declarar e declaro o dereito do demandante a percibir a cantidade de 10.473,50 euros polos conceptos indicados no feito probado cuarto desta resolución e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade demandada Forjas de Santiago, S.L. a aboarlle ao demandante a suma de 10.473,50 euros polos conceptos indicados no feito probado cuarto desta resolución, máis os xuros por mora previstos no artigo 29.3 do ET respecto da dita cantidade desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir desta resolución; e debo condenar e condeno a Salustiano Velo Sabín a estar e pasar pola dita condena na súa condición de administrador concursal da mercantil demandada.

En relación coa responsabilidade do Fogasa deberá observarse o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET, con notificación desta resolución.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución, facéndolles saber que fronte a esta cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Forjas de Santiago, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza