Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 14 de xullo de 2016 Páx. 30520

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 385/2015).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 385/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Raúl Ramón Buján Olveira contra Talleres J. y M. Fernández, S.L., Automóviles J. y M. Fernández, S.L., Talleres Fernández Coruña, S.L., S.S. Fernández Concesionario, sobre despedimento, ditáronse dous autos do 18 de marzo de 2016 e do 30 de setembro de 2015 cuxas partes dispositivas son:

Parte dispositiva.

Dispoño: acordar a acumulación aos presentes autos do procedemento de resolución contractual número 151/2016 seguido ante este mesmo xulgado, continuando a súa tramitación nun único procedemento e dando de baixa o presente no libro de asuntos xerais.

Parte dispositiva.

Dispoño: a acumulación procedemento de despedimento número 607/2015 ao procedemento de resolución contractual número 385/2015 seguido ante este xulgado, continuando a súa tramitación nun único procedemento e dando de baixa o presente no libro de asuntos xenerais.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interporá ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción cometida na resolución a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impuganda. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 aberta en Banco Español de Crédito, conta número 5076, debendo indicar no campo concepto “recurso”, seguido do código “30 social-reposición “. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separado por un espazo, o código “30 social-reposición “. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

E para que sirva de notificación en legal forma a Talleres J. y M. Fernández, S.L., Automóviles J. y M. Fernández, S.L., Talleres Fernández Coruña, S.L. e S.S. Fernández Concesionario, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza