Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 14 de xullo de 2016 Páx. 30522

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se fai pública a formalización do contrato suxeito a regulación harmonizada das obras de construción do novo edificio xudicial de Pontevedra, polo procedemento aberto, adxudicación baseada en multicriterios e tramitación ordinaria.

Para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo de obras:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número do expediente: 2015-OBRHSE 01-MP.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23442

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de obras.

b) Descrición: obras de construción do novo edificio xudicial de Pontevedra.

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) CPV: 45000000-7 e outros mais.

e) Medio de publicación do anuncios de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea, Boletín Oficial del Estado e Diario Oficial de Galicia.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: 6.10.2015, 13.10.2015 e 2.10.2015.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 18.181.497,97 euros.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 16.528.534,52 euros. Importe total: 19.999.647,77 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 26 de abril de 2016.

b) Data de formalización do contrato: 21 de xuño de 2016.

c) Contratista: Construcciones y Promociones Coprosa, S.A.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 14.041.075,02 euros. Importe total: 16.989.700,78 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2016

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica de la Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza