Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 14 de xullo de 2016 Páx. 30230

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 10 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á creación de emprego e incremento da estabilidade laboral, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016.

No marco establecido no artigo 40 da Constitución española, na Lei 56/2003, do 16 de decembro, de emprego, nos artigos 29 e 30 do Estatuto de autonomía de Galicia, e nos obxectivos de crecemento e emprego da Unión Europea, un dos obxectivos prioritarios é que a sociedade galega acade uns maiores niveis de desenvolvemento económico, de calidade no emprego, de benestar social e de cohesión no territorio, para o que é preciso adoptar políticas activas de emprego que favorezan o emprego dos colectivos máis desfavorecidos desde a perspectiva laboral.

De acordo co disposto no Decreto 116/2015, do 4 de outubro, polo que se modifica a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, no Decreto 129/2015, do 8 de outubro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, e no Decreto 175/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, correspóndelle a esta o exercicio das competencias e funcións relativas á xestión das políticas activas de emprego.

Na presente orde continúase cunha estrutura de incentivos ligada ao fomento das contratacións indefinidas iniciais realizadas especialmente cos colectivos de persoas desempregadas que teñen dificultades para acceder ao mercado laboral e ao mantemento do emprego de carácter estable mediante incentivos á transformación de contratos temporais en indefinidos.

O fenómeno da exclusión nas sociedades desenvolvidas é unha realidade complexa e cambiante que na actualidade afecta os novos colectivos da poboación. A estratexia de loita contra a exclusión social parte dun enfoque pluridimensional de que participan un amplo abano de políticas: as de emprego, que se consideran prioritarias, as de protección social, as de educación e formación, entre outras.

Desde o ámbito do emprego, a Xunta de Galicia desenvolve unha serie de accións ou medidas para facilitar a reincorporación á sociedade das persoas que se encontran en situación de risco de exclusión e apoia a súa aplicación práctica na necesidade de coordinación e actuación conxunta dos distintos departamentos da propia Administración autonómica e doutras administracións públicas, así como na colaboración activa e participativa dos interlocutores sociais e das entidades e organizacións non gobernamentais. Así, nesta orde regúlanse os incentivos dirixidos a fomentar a contratación indefinida e temporal daqueles grupos ou categorías de traballadores que presentan dificultades ou desvantaxes particulares para acceder e permanecer no mercado de traballo, co obxecto de mellorar a súa situación de emprego e corrixir os desequilibrios do mercado laboral, afastando a potencialidade de que xurdan novas situacións de risco ou desvantaxe social.

Esta convocatoria enmárcase dentro do Programa operativo FSE Galicia 2014-2020, número CCI2014ES05SFOP009, aprobado pola Decisión da Comisión Europea do 8 de decembro de 2015, cofinanciado cunha porcentaxe do 80 % polo Fondo social Europeo.

– Obxectivo temático 8: promover a sustentabilidade e a calidade no emprego e favorecer a mobilidade laboral.

– Prioridade de investimento 8.1: «O acceso ao emprego por parte das persoas demandantes de emprego e das persoas inactivas, incluídas as persoas desempregadas de longa duración e as persoas afastadas do mercado laboral, así como as iniciativas de emprego locais e o fomento da mobilidade laboral. Facilitar o acceso ao emprego por parte das persoas demandantes de emprego e das persoas inactivas, incluídas as persoas desempregadas de longa duración e as persoas afastadas do mercado laboral, incluídas as iniciativas de emprego locais e o fomento da mobilidade laboral».

– Obxectivos específicos:

8.1.3. «Aumentar a contratación de carácter estable das persoas desempregadas e/ou demandantes de emprego, incluíndo as de longa duración e aquelas de máis idade».

8.1.5. «Mellorar a empregabilidade das persoas demandantes de emprego ou inactivas, especialmente daquelas con maiores dificultades de acceso ao mercado laboral, por medio da adquisición de experiencias profesionais, incluídas as iniciativas de emprego locais de emprego».

– Prioridade de investimento 8.5: «A adaptación dos traballadores e traballadoras, as empresas e o empresariado ao cambio».

– Obxectivo específico:

8.5.1. «Adaptar a cualificación das persoas traballadoras ás necesidades do mercado laboral, así como mellorar a súa situación contractual para garantir o seu mantemento no emprego e permitir a súa progresión profesional».

– Obxectivo temático 9: «Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación».

– Prioridade de investimento 9.1: «A inclusión activa, tamén con vistas a promover a igualdade de oportunidades, así como a participación activa e a mellora da posibilidade de atopar un emprego».

– Obxectivo específico:

9.1.1. «Mellorar a inserción sociolaboral de persoas en situación ou risco de exclusión social, a través da activación e de itinerarios integrados e personalizados de inserción».

Estas axudas quedan sometidas ao réxime de minimis, nos termos establecidos no Regulamento (UE) N 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.

As bases que rexen os programas regulados nesta orde establecen un procedemento de concesión que non ten a consideración de concorrencia competitiva, dado que de acordo coa finalidade e obxecto do programa non resulta necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento, senón que a concesión das axudas se realiza pola comprobación da concorrencia no solicitante dos requisitos establecidos ata o esgotamento do crédito orzamentario.

Consecuentemente con todo o anterior, consultado o Consello Galego de Relacións Laborais, logo do informe da Asesoría Xurídica, da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos, da Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa e da Intervención Delegada, e en exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

CAPÍTULO I
Ámbito e réxime das axudas

Artigo 1. Obxecto, finalidade e principios de xestión

1. Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o ano 2016 dos programas de incentivos á contratación por conta allea que teñen por finalidade favorecer o emprego estable e facilitar a empregabilidade e ocupabilidade das persoas traballadoras con maiores dificultades de inserción laboral, a través dos seguintes programas:

I. TR349A. Programa de incentivos á contratación indefinida inicial.

Obxectivo temático 8. Prioridade de investimento 8.1. Obxectivo específico 8.1.3.

Aplicacións orzamentarias: 09.40.322C.472.0 código de proxecto 2016 00313 cun crédito de 350.000 euros e 09.40.322C.480.0 código de proxecto 2016 00313 cun crédito de 49.415 euros.

II. TR349C. Programa de incentivos á transformación de contratos temporais en indefinidos.

Obxectivo temático 8. Prioridade de investimento 8.5. Obxectivo específico 8.5.1.

Aplicacións orzamentarias: 09.40.322C.472.0 código de proxecto 2016 00312, cun crédito de 450.000 euros, e 09.40.322C.480.0, código de proxecto 2016 00312, cun crédito de 63.273 euros.

III. TR349J. Programa de incentivos á contratación temporal.

Obxectivo temático 8. Prioridade de investimento 8.1. Obxectivo específico 8.1.5.

Aplicacións orzamentarias: 09.40.322C.472.0 código de proxecto 2016 00314, cun crédito de 350.000 euros, e 09.40.322C.480.0 código de proxecto 2016 00314, cun crédito de 49.415 euros.

IV. TR349D. Programa de incentivos á contratación de persoas desempregadas en situación ou risco de exclusión social.

Obxectivo temático 9. Prioridade de investimento 9.1. Obxectivo específico 9.1.1.

Aplicacións orzamentarias: 09.40.322C.482.4 código de proxecto 2016 00321, cun crédito de 24.715 euros, e 09.40.322C.472.4, código de proxecto 2016 00321, cun crédito de 200.000 euros.

2. As solicitudes, tramitación e concesión das subvencións axustaranse ao disposto na Lei 9/2007, do 13 xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro; na Lei 12/2015, do 24 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016, no que resulte de aplicación a Lei 38/2003, do 27 de novembro, xeral de subvencións, e o seu Regulamento de desenvolvemento aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, e ao disposto nesta orde.

3. Por tratarse de subvencións cofinanciadas polo Fondo Social Europeo serán de aplicación: o Regulamento (CE) 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, relativo ao Fondo Social Europeo (DOUE L 341, do 20 de decembro de 2013), o Regulamento (UE) nº 1303/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se establecen as disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo e ao Fondo de Cohesión ao Fondo Europeo Agrícola e de Desenvolvemento rural e ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo e ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo Agrícola e de Desenvolvemento rural e ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e se derroga o Regulamento (CE) nº 1083/2006, así como a normativa estatal de subvencionalidade dos gastos para o período 2014-2020.

4. A xestión destes programas realizarase de acordo cos seguintes principios:

a) Publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación.

b) Eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

c) Eficiencia na asignación e na utilización dos recursos públicos.

Artigo 2. Orzamentos

1. A concesión das subvencións prevista nesta orde estará suxeita á existencia de crédito orzamentario. Se é o caso, e de acordo co disposto no artigo 31.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, publicarase mediante resolución da persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego o esgotamento das partidas orzamentarias asignadas.

2. No exercicio económico 2016, as axudas recollidas nesta orde financiaranse con cargo ás aplicacións orzamentarias: axudas capítulo IV: 09.40.322C.472.0 código de proxecto 2016 00313, cun crédito de 350.000 euros, e 09.40.322C.480.0 código de proxecto 2016 00313, cun crédito de 49.415 euros; axudas capítulo V: 09.40.322C.472.0 código de proxecto 2016 00312, cun crédito de 450.000 euros, e 09.40.322C.480.0 código de proxecto 2016 00312, cun crédito de 63.273 euros; axudas capítulo VI: 09.40.322C.472.0 código de proxecto 2016 00314, cun crédito de 350.000 euros, e 09.40.322C.480.0 código de proxecto 2016 00314, cun crédito de 49.415 euros; axudas capítulo VII: 09.40.322C.482.4 código de proxecto 2016 00321, cun crédito de 24.715 euros, e 09.40.322C.472.4 código de proxecto 2016 00321, cun crédito de 200.000 euros.

Estas axudas son financiables polo FSE ao 80 % no P.O. FSE Galicia 2014-2020, no eixe 1, prioridade de investimento 8.1, obxectivos específicos 8.1.3 e 8.1.5, na prioridade de investimento 8.5, obxectivo específico 8.5.1 e no eixe 2, prioridade de investimento 9.1, obxectivo específico 9.1.1.

Estas contías están recollidas na Lei 12/2015, do 24 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016.

3. Estes créditos poderán ser obxecto de modificacións como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos para o financiamento dos programas de fomento do emprego, coas limitacións que establezan as disposicións aplicables ás axudas cofinanciadas polo Fondo Social Europeo.

4. Poderá ampliarse a contía máxima dos créditos dispoñibles para esta convocatoria. O incremento de crédito estará condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia dunha xeración, ampliación, incorporación de crédito ou da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

5. Se o orzamento asignado non é suficiente para proceder ao pagamento de todas as axudas solicitadas, aplicarase como criterio de prioridade a data de presentación. Para estes efectos, terase en conta a data en que a correspondente solicitude se presentase nalgún dos lugares previstos no artigo 10 desta orde. No caso de coincidencia na data de presentación entre dúas o máis solicitudes presentadas, a orde de prioridade virá determinada pola hora de presentación.

Artigo 3. Definicións

Para os efectos desta orde, entenderase:

1. Persoa desempregada: aquela que estea inscrita como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego no momento da súa contratación e que, pola súa vez, careza de ocupación segundo o informe de vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

A comprobación da inscrición no Servizo Público de Emprego como demandante de emprego na data de alta na Seguridade Social realizaraa directamente o órgano xestor das axudas.

O órgano xestor comprobará directamente que a persoa traballadora pola que se solicita subvención carece de ocupación segundo o informe da vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social na data da súa alta no réxime xeral da Seguridade Social.

2. Persoas en situación ou risco de exclusión social: para os efectos desta orde terán a consideración de persoas en situación ou risco de exclusión social as persoas perceptoras da renda de inclusión social de Galicia ou membros da súa unidade de convivencia ou as persoas que teñan o certificado emitido polos servizos sociais acreditativo da dita situación social, tras a verificación da ausencia ou déficit grave de recursos económicos e a situación de desemprego, así como a concorrencia dalgún dos factores de exclusión social recollidos no artigo 3 da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia:

a) Estar nunha situación de cargas familiares non compartidas.

b) Ser unha persoa vítima de violencia doméstica.

c) Estar en proceso de rehabilitación social, como resultado dun programa de deshabituación de substancias aditivas ou de calquera outra adicción que produza efectos persoais e sociais de natureza semellante.

d) Ter a condición de muller vítima de violencia de xénero.

e) Ter unha discapacidade valorada superior ao 33 %.

f) Ser inmigrante ou emigrante retornado.

g) Proceder de institucións de protección ou reeducación de menores.

h) Proceder de cumprimento de pena nunha institución penitenciaria.

i) Ser unha persoa sen fogar ou habitar nunha infravivenda.

j) Pertencer a unha minoría étnica.

k) Estar en proceso de abandono do exercicio da prostitución ou ser vítima de explotación sexual-laboral en redes de prostitución ou de trata de persoas.

l) Ter a condición de persoa transexual ou estar en proceso de reasignación sexual.

m) Calquera outro factor non previsto expresamente no artigo 3 da Lei 10/2013, sempre que, ponderado polos servizos sociais comunitarios no contexto persoal, familiar e social da persoa, condicione negativa e gravemente a súa inclusión social e laboral.

3. Persoa desempregada que esgotase as prestacións por desemprego: aquela que extinguise por esgotamento a prestación por desemprego de nivel contributivo ou calquera outra prestación non contributiva facilitada desde o Servizo Público de Emprego. No caso de que non tivese dereito a percibir a prestación por desemprego de nivel contributivo, que esgotase o subsidio de desemprego; en ambos os dous casos, que non desempeñase ningún traballo, nin por conta allea nin propia, desde a data de esgotamento.

4. Persoa desempregada perceptora da Risga: persoa desempregada perceptora da renda de inserción social de Galicia.

5. Custo salarial: importe mensual que lle vai supoñer á empresa ter unha persoa traballadora contratada. Nel están incluídos única e exclusivamente o salario bruto e os custos sociais a cargo da empresa.

6. Concello rural: aquel que teña unha poboación de menos de 20.000 habitantes. Para computar o número de habitantes dos concellos galegos tomarase como referencia as cifras de poboación referidas ao 1 de xaneiro de 2015, resultantes da revisión do padrón municipal, publicadas polo Instituto Nacional de Estatística e declaradas oficiais mediante o Real decreto 1079/2015, do 27 de novembro (BOE nº 301, do 27 de decembro).

7. Taxa de estabilidade: a porcentaxe do persoal traballador fixo sobre o total do cadro de persoal no conxunto dos centros de traballo da empresa en Galicia.

Artigo 4. Entidades beneficiarias

1. Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.

No caso de sociedades civís, comunidades de bens e unións temporais de empresas deberá facerse constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar para cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiario. En calquera caso, deberán nomear unha persoa representante ou apoderada única da agrupación, con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, lle correspondan á agrupación. No suposto de unións temporais de empresas, cada empresa que forme parte desta unión deberá reunir os requisitos exixidos para acceder ás axudas.

2. Non poderán ser entidades beneficiarias destas axudas as administracións públicas, as sociedades públicas nin as entidades vinculadas ou dependentes de calquera delas.

3. Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria das subvencións establecidas nesta orde as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:

a) Ser condenadas mediante sentenza firme á pena de perda da posibilidade de obter subvencións ou axudas públicas.

b) Solicitar a declaración de concurso, ser declaradas insolventes en calquera procedemento, acharse declaradas en concurso, estar suxeitas a intervención xudicial ou ser inhabilitadas conforme a Lei concursal sen que conclúa o período de inhabilitación fixado na sentenza de cualificación do concurso.

c) Dar lugar, por causa da cal fosen declaradas culpables, á resolución firme de calquera contrato subscrito coa Administración.

d) Estar incursa a persoa física, os administradores das sociedades mercantís ou aqueles que exerzan a representación legal doutras persoas xurídicas nalgún dos supostos de incompatibilidades que estableza a normativa vixente.

e) Non estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social ou ter pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma nos termos regulamentariamente establecidos.

f) Ter a residencia fiscal nun país ou territorio cualificado regulamentariamente como paraíso fiscal.

g) Non estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións nos termos regulamentariamente establecidos.

h) Ser sancionada mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións segundo a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ou a Lei xeral tributaria.

i) Non poderán acceder á condición de entidade beneficiaria as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, publicas ou privadas sen personalidade, cando concorra algunha das prohibicións anteriores en calquera dos seus membros.

j) En ningún caso poderán obter a condición de entidade beneficiaria as asociacións incursas nas causas de prohibición previstas nos números 5 e 6 do artigo 4 da Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, nin as asociacións respecto das cales se suspendeu o procedemento administrativo de inscrición por atoparse indicios racionais de ilicitude penal, en aplicación do disposto no artigo 30.4 da Lei orgánica 1/2002, mentres non se dite resolución xudicial firme en cuxa virtude se poida practicar a inscrición no correspondente rexistro.

4. Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria os solicitantes que estean excluídos do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme o establecido no artigo 46 e 46 bis do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

5. A xustificación por parte das persoas ou entidades solicitantes de non estar incursas nas prohibicións contidas nos números 3 e 4 anteriores para obter a condición de beneficiario realizarase mediante declaración responsable.

CAPÍTULO II
Normas comúns de procedemento

Artigo 5. Competencia

A competencia para coñecer e resolver as solicitudes de axudas presentadas ao abeiro desta orde, por delegación da persoa titular da Consellería de Economía, Emprego e Industria, corresponderalles ás persoas titulares das xefaturas territoriais da Consellería de Economía, Emprego e Industria polas contratacións que se realicen para prestar servizos en centros de traballo radicados na respectiva provincia.

Artigo 6. Solicitudes e prazo

1. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.es/chave365).

Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

2. A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

A documentación complementaria tamén poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.

3. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

5. O prazo xeral para presentar as solicitudes das axudas establecidas nesta orde comezará o día seguinte ao da súa publicación.

6. As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables realizadas entre o 1 de xaneiro de 2016 e a data da publicación desta orde deberán presentarse no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta orde. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día seguinte ao da publicación e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.

7. As axudas previstas polas contratacións subvencionables realizadas desde a entrada en vigor desta orde deberán solicitarse ata o último día do segundo mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral indefinida pola cal se solicita subvención. Se o último día de prazo fose inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

8. O prazo para a presentación das solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de 2016, aínda que nesa data non transcorrese o prazo sinalado no parágrafo anterior.

9. As solicitudes e os anexos deste programa están dispoñibles na páxina web da Consellería de Economía, Emprego e Industria: http://traballo.xunta.es e na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.es.

10. Para a presentación de solicitudes as persoas ou entidades beneficiarias poderán contar co asesoramento dos axentes de emprego e desenvolvemento local da rede coordinada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Artigo 7. Consentimentos e autorizacións

1. A tramitación do procedemento require a verificación de datos en poder das administracións públicas. Para estes efectos, o modelo de solicitude (anexo I-A, II-A, III-A e IV-A) inclúe a autorización expresa ao órgano xestor para realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade dos datos. No caso de que non se autorice o órgano xestor para realizar esta operación, deberá achegar os documentos comprobantes dos datos nos termos exixidos polas bases reguladoras do procedemento.

2. A presentación da solicitude de concesión de subvención pola persoa interesada ou representante comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Axencia Tributaria de Galicia, segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Non obstante, a persoa solicitante ou representante poderá denegar expresamente o consentimento, e deberase presentar entón a certificación nos termos previstos regulamentariamente.

3. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, a consellería publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puidesen impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

4. As solicitudes das persoas interesadas deberán achegar os documentos ou informacións previstos nesta orde, salvo que estes xa estivesen en poder da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; neste caso, as persoas interesadas poderán acollerse ao establecido no artigo 35.f) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sempre que se faga constar a data e o órgano ou a dependencia en que foron presentados ou, se é o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que correspondan.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa solicitante ou representante a súa presentación ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

Artigo 8. Datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación das solicitudes de axudas desta orde, cuxo tratamento e publicación autorizan as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado «Relacións administrativas coa cidadanía e entidades», co obxecto de xestionar o presente procedemento, así como informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Consellería de Economía, Emprego e Industria, Secretaría Xeral Técnica, Edificio Administrativo San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, ou a través dun correo electrónico a lopd.industria@xunta.es.

Artigo 9. Procedemento de concesión, instrución e tramitación

1. O procedemento de concesión das solicitudes presentadas ao abeiro desta orde axustarase ao disposto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, dado que polo obxecto e finalidade da subvención non resulta necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento.

2. O órgano instrutor dos expedientes será o Servizo de Emprego e Economía Social nas xefaturas territoriais da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

3. Se a solicitude non está debidamente cuberta ou non se achega a documentación exixida, as unidades administrativas encargadas da tramitación do expediente, de conformidade co disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, requirirán a persoa interesada para que, nun prazo máximo e improrrogable de 10 días, emende a falta ou presente os documentos preceptivos, coa advertencia de que, se así non o fixer, se considerará que desiste da súa petición, logo da resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 42 da dita lei.

4. Cando a persoa traballadora pola cal se solicita subvención cause baixa na empresa solicitante en data anterior á resolución da concesión da axuda, entenderase que a empresa desiste da súa solicitude. A empresa solicitante está obrigada a comunicar esta situación ao órgano ante o cal solicitou a axuda.

Artigo 10. Resolución e recursos

1. Logo da fiscalización pola correspondente intervención da proposta emitida polo correspondente servizo instrutor, a resolución ditaraa o órgano competente por delegación da persoa titular da Consellería de Economía, Emprego e Industria e seralle notificada á persoa interesada. As resolucións de concesión ou denegación serán sempre motivadas.

2. O prazo para resolver e notificar é de cinco meses, que se computarán desde a data de entrada da solicitude no rexistro do órgano competente para a súa tramitación. Transcorrido o dito prazo sen que se dite resolución expresa, entenderase desestimada a solicitude, de acordo co establecido nos artigos 1 e 2 da Lei 6/2001, do 29 de xuño, de adecuación da normativa da Comunidade Autónoma de Galicia á Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3. Notificada a resolución polo órgano competente, as entidades propostas como beneficiarias disporán dun prazo de dez días para a súa aceptación; transcorrido este sen que se produza manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada.

4. As resolucións que se diten neste procedemento esgotan a vía administrativa e contra elas cabe interpor recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa, de acordo co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Poderá formularse, con carácter potestativo, recurso de reposición, no prazo dun mes, ante o mesmo órgano que ditou a resolución impugnada, de conformidade coa Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

5. Dado que a subvención está cofinanciada polo Fondo Social Europeo, na resolución de concesión informaráselle á persoa ou entidade beneficiaria que a aceptación da subvención comunitaria implicará a súa aparición na lista pública de operacións cos nomes dos ou das beneficiarias, no suposto de seren entidades xurídicas, así como a outra información recollida no anexo XII do Regulamento (UE) 1303/2013, en relación co artigo 115.2. da mesma norma xurídica.

6. Na notificación da resolución da subvención comunicaráselle ao beneficiario o financiamento con cargo ao Fondo Social Europeo con concreción do eixe, obxectivo temático, prioridade de investimento, obxectivo específico e porcentaxe de cofinanciamento de que se trate. Así mesmo, na resolución de concesión que se notifique aos beneficiarios estableceranse as condicións da axuda derivadas da aceptación da subvención a que quedan sometidos os beneficiarios, en especial os requisitos específicos relativos aos produtos ou servizos que deban obterse con ela, o plan financeiro e o calendario de execución.

Artigo 11. Modificación da resolución de concesión

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión das axudas, así como a obtención concorrente de subvencións outorgadas por outras administracións ou outros entes públicos ou privados, estatais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión e, eventualmente, á súa revogación.

CAPÍTULO III
Incompatibilidades e concorrencia

Artigo 12. Incompatibilidades e concorrencia

1. Os incentivos establecidos para cada modalidade de contratación recollidos nesta orde son incompatibles entre si.

2. As axudas previstas nesta orde para as contratacións por conta allea son incompatibles con outras que, polos mesmos conceptos, poidan outorgar as administracións públicas como medida de fomento de emprego. Non obstante, serán compatibles, se é o caso, coas bonificacións ou reducións de cotizacións á Seguridade Social.

3. Os incentivos establecidos nesta orde serán compatibles con calquera outra axuda para distinta finalidade da Unión Europea, doutras administracións públicas ou entes públicos ou privados pero sen que en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras, poidan superar os límites establecidos pola Unión Europea e os que establece o artigo 17.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 13. Obrigas das entidades beneficiarias

Son obrigas das entidades beneficiarias das axudas:

a) Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará a Consellería de Economía, Emprego e Industria, así como a calquera outra actuación de control que poidan realizar os órganos competentes, tanto autonómicos como estatais ou comunitarios, para o cal se achegará canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores. En especial, por tratarse de axudas cofinanciadas co Fondo Social Europeo, a entidade beneficiaria quedará sometida ás verificacións previstas no artigo 13 do Regulamento (CE) nº 1407/2013.

b) Comunicarlle ao órgano concedente calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así como dos compromisos e obrigas asumidos polas persoas beneficiarias e, de ser o caso, a obtención concorrente de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos, tal e como establece o artigo 11 d) da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

c) Estar ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social, así como non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma, con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión e realizar a proposta de pagamento da subvención.

d) Dispor dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á entidade beneficiaria en cada caso, coa finalidade de garantir o adecuado exercicio das facultades de comprobación e control.

Agás aquelas entidades beneficiarias que pola normativa vixente estean exentas da obriga de levar a cabo unha contabilidade, as entidades beneficiarias teñen a obriga de acreditar que levan unha contabilidade separada ou un código contable axeitado para os gastos obxecto de subvención.

e) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control. En especial, e dado que as subvencións concedidas ao abeiro desta orde están cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, as persoas ou entidades beneficiarias deberán manter unha pista de auditoría suficiente e conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, durante os tres anos seguintes á certificación dos gastos á Comisión Europea, de conformidade co artigo 140.1 do Regulamento (UE) 1303/2013, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control. A data de certificación dos gastos á Comisión Europea será publicada no Diario Oficial de Galicia.

f) Adoptar as medidas axeitadas de difusión para dar publicidade ao financiamento público das actuacións subvencionadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

g) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

h) Aqueloutras obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 14. Cofinanciamento polo Fondo Social Europeo

1. Esta convocatoria de axudas enmárcase dentro do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e está cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

2. Coa finalidade de efectuar un seguimento adecuado da execución dos proxectos cofinanciados polo FSE, ao abeiro do programa operativo de FSE-Galicia 2014-2020, mediante as subvencións reguladas nesta orde, a entidade beneficiaria deberá someterse, segundo a normativa europea que resulte de aplicación, ao cumprimento das seguintes obrigas:

a) Relacionadas coas medidas de información e publicidade:

Cumprir coas medidas de información e comunicación establecidas no anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013. En particular, as accións de información e comunicación contarán co emblema da Unión Europea e a referencia ao Fondo Social Europeo e nos lugares de realización da actuación informarase do apoio dos fondos a través dun cartel dun tamaño mínimo A3 nun lugar destacado e visible. Tamén se informará na páxina web, no caso de dispor dela, sobre o proxecto e a axuda financeira recibida da Unión Europea e sobre os obxectivos e resultados da operación financiada.

O incumprimento por parte da entidade beneficiaria das obrigas de información e publicidade establecidas terá como consecuencia o reintegro parcial do 2 % da contía da subvención percibida.

Así mesmo, as persoas destinatarias serán informadas de que as actuacións en que participan están financiadas pola Xunta de Galicia (Consellería de Economía, Emprego e Industria) e polo Fondo Social Europeo, así como dos obxectivos dos fondos. Figurarán os emblemas, como mínimo, nesta comunicación.

b) Realizar as actuacións precisas para recoller a información suficiente relativa ao desenvolvemento das actuacións, que permita dar cumprimento aos requisitos de información a través de indicadores de execución e resultados enumerados no artigo 5 do Regulamento (UE) nº 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo ao Fondo Social Europeo.

Artigo 15. Perda do dereito ao cobramento da subvención e reintegro

1. Procederá a perda do dereito ao cobramento das subvencións, así como o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas e a exixencia do xuro de mora correspondente desde o momento do pagamento da subvención ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro, nos casos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. As obrigas de reintegro establecidas nos anexos desta orde entenderanse sen prexuízo do establecido no Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, que aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

3. Procederá, así mesmo, a perda do dereito ao cobramento da subvención ou o reintegro nos casos previstos para cada programa concreto nos artigos 26, 34, 42 e 50 desta orde.

Artigo 16. Devolución voluntaria da subvención

De acordo co establecido no artigo 64 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, as entidades beneficiarias poderán realizar, sen o requirimento previo da Administración, a devolución total ou parcial da subvención concedida, mediante o seu ingreso na conta de Abanca ES82 2080 0300 8731 1006 3172, en concepto de devolución voluntaria da subvención.

En todo caso, a entidade beneficiaria deberá presentar ante o órgano concedente copia xustificativa da devolución voluntaria realizada, en que conste a data do ingreso, o seu importe e o número do expediente e denominación da subvención concedida.

Artigo 17. Seguimento e control

1. Sen prexuízo das facultades que teñen atribuídas outros órganos da Administración de Estado ou da Comunidade Autónoma, a Consellería de Economía, Emprego e Industria levará a cabo funcións de control, así como de avaliación e seguimento dos programas.

2. As xefaturas territoriais da Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Secretaría Xeral de Emprego poderán comprobar, en todo momento, a aplicación das subvencións concedidas para os fins programados. Para estes efectos, as persoas beneficiarias deberán cumprir as obrigas que se establezan nesta orde e na resolución de concesión.

3. Para realizar estas funcións poderanse utilizar cantos medios estean ao dispor da Consellería de Economía, Emprego e Industria para comprobar o cumprimento dos requisitos exixidos nesta orde e demais normas vixentes que resulten de aplicación.

Artigo 18. Réxime de axudas

As axudas establecidas nesta orde quedan sometidas ao réxime de minimis nos termos establecidos no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L352, do 24 de decembro de 2013). Esta circunstancia farase constar expresamente na resolución de concesión da subvención. Polo tanto, a axuda total de minimis concedida a unha empresa non será superior a 200.000 euros durante o período dos dous exercicios fiscais anteriores e o exercicio fiscal actual da empresa solicitante, ou a 100.000 euros no suposto dunha axuda concedida a unha empresa que opere no sector do transporte por estrada. Para o cómputo dos límites deste réxime de axudas terase en conta o concepto de «única empresa» establecido no artigo 2 do Regulamento (UE) 1407/2013 da Comisión do 18 de decembro de 2013.

Por tratarse de axudas sometidas ao réxime de axudas de minimis, non poderá concederse a empresas dos seguintes sectores:

a) Pesca e acuicultura, segundo se establece no Regulamento (CE) nº 1379/2013 do Consello.

b) As axudas concedidas ás empresas dedicadas á produción primaria dos produtos agrícolas que figuran na lista do anexo I do tratado.

c) As axudas concedidas ás empresas que operan no sector da transformación e comercialización de produtos agrícolas, nos casos seguintes:

i) Cando o importe da axuda se determine en función do prezo ou da cantidade de produtos deste tipo adquiridos a produtores primarios ou comercializados polas empresas interesadas.

ii) Cando a axuda estea supeditada a que unha parte ou a totalidade dela se repercuta aos produtores primarios.

d) As axudas ás actividades relacionadas coa exportación a países terceiros ou Estados membros cando a axuda estea vinculada directamente ás cantidades exportadas, á creación e funcionamento dunha rede de distribución ou a outros gastos de explotación vinculados á actividade de exportación.

e) As axudas condicionadas á utilización de produtos nacionais en lugar de importados.

CAPÍTULO IV
TR349A. Programa de incentivos á contratación indefinida inicial

Artigo 19. Ámbito temporal de aplicación e contratacións subvencionables

1. Serán subvencionables ao abeiro deste programa as contratacións indefinidas iniciais que se formalicen desde o 1 de xaneiro de 2016 ata o 30 de setembro de 2016, ambas inclusive.

2. Os incentivos previstos neste programa serán de aplicación ás contratacións indefinidas iniciais, a tempo completo ou a tempo parcial, incluída a modalidade de fixo descontinuo, que realicen as empresas con aquelas persoas desempregadas maiores de 30 anos que esgotasen as prestacións por desemprego.

Artigo 20. Requisitos

1. Como consecuencia da contratación indefinida inicial pola que se solicita subvención ten que incrementarse o cadro de persoal fixo da empresa no ámbito territorial de Galicia respecto á media dos 3 meses anteriores ao mes de realización da contratación pola cal se solicita subvención.

2. Como consecuencia da contratación indefinida que se fomenta ten que incrementarse o emprego neto da empresa no ámbito territorial de Galicia, respecto á media dos 3 meses anteriores ao mes de realización da contratación pola cal se solicita subvención.

3. Para o cálculo do incremento do cadro de persoal fixo e neto non se computarán as persoas traballadoras fixas cuxas baixas se producisen por dimisión da persoa traballadora ou por morte, xubilación, incapacidade permanente total ou absoluta ou grande invalidez legalmente recoñecidas ou por resolución durante o período de proba.

No caso de que algún dos 3 meses anteriores á contratación pola cal se solicita a subvención coincida con períodos de inactividade de persoas traballadoras fixas-descontinuas, estas computaranse como persoal fixo.

4. A xornada da contratación indefinida inicial a tempo parcial non poderá ser inferior ao 50 % da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, no seu defecto, da xornada máxima legal.

5. As contratacións polas cales se solicita subvención deberán formalizarse e comunicarse á oficina pública de emprego na forma regulamentariamente establecida.

Artigo 21. Contías dos incentivos

1. As contratacións indefinidas iniciais incentivaranse cunha axuda de:

– 5.400 euros, no caso de ser muller 6.000 euros.

– 15 % máis cando as contratacións sexan realizadas para prestar servizos en centros de traballo radicados nun concello rural.

No caso de que a empresa conte no seu cadro de persoal no mes da contratación pola cal se solicita subvención cun mínimo do 75 % de persoal indefinido, as contías das axudas serán as seguintes:

– 6.000 euros, no caso de ser muller 6.600 euros.

– 15 % máis cando as contratacións sexan realizadas para prestar servizos en centros de traballo radicados nun concello rural.

2. A contía dos incentivos será proporcional ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, no seu defecto, da xornada ordinaria máxima legal.

3. Os beneficios establecidos á contratación nesta orde non poderán, en concorrencia con outras axudas públicas para a mesma finalidade, superar o 60 % do custo salarial de dúas anualidades correspondentes ao contrato que se subvenciona.

Artigo 22. Exclusións

Exclúense dos beneficios regulados nesta orde:

1. As relacións laborais de carácter especial previstas no artigo 2.1 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, ou noutras disposicións legais, así como as contratacións de traballadores ou traballadoras para prestaren servizos noutras empresas mediante contratos de posta á disposición.

2. Os contratos realizados co cónxuxe, os ascendentes, os descendentes e demais parentes, por consanguinidade ou afinidade, ata o segundo grao inclusive, da empresaria ou empresario ou das persoas que teñan cargos de dirección ou sexan membros dos órganos de administración das empresas que revistan a forma xurídica de sociedade, así como as que se produzan con estes últimos. Non será aplicable esta exclusión cando a persoa empregadora sexa unha persoa traballadora autónoma que contrate como persoa traballadora por conta allea os fillos e fillas menores de 30 anos, tanto se conviven ou non con ela, ou cando se trate dunha persoa traballadora autónoma sen persoas asalariadas e contrate un só familiar menor de 45 anos que non conviva no seu fogar nin estea ao seu cargo.

3. As contratacións realizadas con persoas traballadoras que nos 24 meses anteriores á data da contratación prestasen servizos na mesma empresa ou grupo de empresas mediante un contrato de carácter indefinido ou nos últimos 3 meses mediante un contrato de carácter temporal ou mediante un contrato formativo, de revezamento ou de substitución por anticipación da idade de xubilación. O disposto neste parágrafo será tamén de aplicación no suposto de vinculación laboral anterior do traballador ou da traballadora con empresas ás cales a persoa solicitante dos beneficios sucedese en virtude do establecido no artigo 44 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro.

4. As persoas traballadoras que rematen unha relación laboral de carácter indefinido noutra empresa nun prazo de 3 meses previos á formalización do contrato polo cal se solicita a subvención, agás que a dita relación laboral finalizase por causa dun despedimento recoñecido ou declarado improcedente ou se extinga por algunha das causas sinaladas nos artigos 49.1.g), 51 e 52.c) do Estatuto dos traballadores.

Artigo 23. Solicitudes e documentación

As solicitudes deberán presentarse no modelo normalizado que figura como anexo I-A, xunto coa seguinte documentación, orixinal ou copia compulsada ou cotexada:

1. No caso de non presentar a autorización para a consulta dos datos de identidade da persoa solicitante e/ou da persoa representante da solicitante no Sistema de verificación de datos de identidade (anexo I-A), de acordo co disposto no Decreto 255/2008, do 23 de outubro, copia do DNI ou do NIE.

Se o solicitante é persoa xurídica, poder suficiente da persoa representante e asinante da solicitude e NIF da empresa no caso de denegar expresamente a súa consulta para a súa verificación a través do servizo de interoperabilidade correspondente no formulario de solicitude.

2. Declaración da media do cadro de persoal, neto e fixo, de todos os centros de traballo da empresa en Galicia en cada un dos tres meses anteriores ao mes de inicio da relación laboral da persoa traballadora contratada (anexo I-B).

3. Relación nominal das persoas traballadoras polas cales se solicita subvención na que se inclúan os custos salariais anuais de cada persoa traballadora por quen se solicita subvención (anexo I-C) e a nómina do mes de contratación.

4. Documentos TC2 ou documento equivalente expedido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social correspondentes ás tres mensualidades anteriores ao mes de realización da contratación e, se é o caso, documentos TC2 ou documento equivalente expedido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social correspondentes ás mensualidades da contratación obxecto de solicitude de subvención.

De ser o caso, documentos acreditativos das baixas previstas no artigo 20.3.

5. A documentación poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e das entidades dela dependentes.

Artigo 24. Xustificación e pagamento

1. De non achegarse con anterioridade, o pagamento das subvencións quedará condicionado á presentación da documentación xustificativa para o pagamento no prazo, nos termos e no modo establecidos na resolución de concesión ou, de ser o caso, ata o 20 de decembro de 2016. Excepcionalmente e por causas debidamente xustificadas, o órgano concedente poderá outorgar unha ampliación do prazo establecido para a presentación da xustificación que non exceda a metade deste. O acordo de ampliación deberá ser notificado ás persoas ou entidades beneficiarias.

A documentación que hai que presentar é a seguinte:

a) Documento TC2 ou documento equivalente expedido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social correspondente á mensualidade da contratación obxecto de subvención.

b) Cumprimento por parte da empresa da obriga de informar as persoas traballadoras acerca do financiamento comunitario da subvención dos seus contratos, segundo o modelo do anexo I-E.

c) Declaración complementaria da presentada coa solicitude, do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para a mesma finalidade das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou, de ser o caso, unha declaración de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións (anexo I-D).

d) De ser o caso, extracto do balance provisional contable da entidade beneficiaria, asinado e selado, que permita verificar a contabilidade separada dos gastos subvencionados e a subvención concedida. Os documentos que se acheguen deben incluír as contas ou as subcontas nas cales se contabilizaron, as datas e os números dos asentos contables, e indicación específica do seu financiamento polo Fondo Social Europeo.

e) Documento acreditativo do cumprimento das obrigas de información e publicidade a que se refire o artigo 14.2.a) desta orde.

f) Información dos indicadores de execución sobre as entidades e os participantes a que se refire o anexo I do Regulamento (UE) número 1304/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de setembro de 2013, relativo ao Fondo Social Europeo, de acordo co modelo que estará dispoñible na páxina web da Consellería de Economía, Emprego e Industria: http:// traballo.xunta.es.

2. Non se poderá realizar o pagamento da subvención mentres a entidade beneficiaria non estea ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social ou teña pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma ou sexa debedora en virtude de resolución firme declarativa de procedencia de reintegro.

3. En todo caso, nas axudas deste capítulo respectaranse as condicións da normativa estatal en materia de subvencionalidade dos gastos cofinanciados polo FSE.

Artigo 25. Obrigas das entidades beneficiarias

1. Manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras subvencionadas durante un período de 2 anos contado desde a data de realización da contratación.

No suposto de extinción da relación laboral dalgunha persoa traballadora pola cal se concedeu a subvención, a empresa está obrigada a cubrir a vacante cunha nova contratación indefinida inicial, polo menos cunha xornada de traballo igual á anterior, e a persoa traballadora deberá pertencer a algún dos colectivos de persoas beneficiarias deste programa polo cal se poida conceder unha subvención por importe igual ou superior ao da persoa que causase baixa. Esta substitución deberase realizar ata o último día do mes seguinte ao da baixa. Esta nova contratación deberá serlle comunicada ao órgano que concedeu a axuda e non dará lugar, en ningún caso, a unha nova subvención.

2. Manter durante 2 anos o número de persoas traballadoras fixas do cadro de persoal no mes de realización da contratación indefinida inicial, que se contarán desde o mes de realización da contratación.

3. Unha vez finalizado o período dos dous anos do cumprimento destas obrigas, corresponderá á Secretaría Xeral de Emprego levar a cabo a función de control das subvencións concedidas, así como a avaliación e seguimento deste programa. Para iso, a entidade beneficiaria está obrigada a presentar, nos tres meses seguintes ao remate deste prazo, unha declaración da media do persoal traballador fixo no conxunto dos centros de traballo en Galicia do período de 12 meses contados desde o mes seguinte ao da realización das contratacións subvencionadas. Esta declaración deberase presentar respecto de cada un dos 2 anos seguintes ao mes en que se realizou a contratación subvencionada. A estas declaracións xuntaranse os documentos TC2 ou documentos equivalentes expedidos pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social das 24 mensualidades.

Ademais, o beneficiario está obrigado a presentar, nos tres meses seguintes ao remate deste prazo, as nóminas das 24 mensualidades correspondentes a cada persoa traballadora subvencionada.

4. No prazo máximo de catro semanas desde o cumprimento dos prazos de mantemento da condición de traballador a que se refire o parágrafo 1 anterior, a entidade beneficiaria deberá presentar, respecto de cada unha das persoas polas cales percibiu a subvención ou as persoas substitutas, os indicadores de resultado inmediatos a que se refire o anexo I do Regulamento (UE) número 1304/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de setembro de 2013, relativo ao Fondo Social Europeo.

A Administración actuante poderá requirir a actualización destes datos no prazo de seis meses desde que finalice este mantemento, coa finalidade de formalizar os indicadores de resultado a longo prazo descritos no antedito regulamento.

Artigo 26. Reintegro

Procederá o reintegro das axudas cando se produza algunha das seguintes circunstancias:

1. Cando a entidade beneficiaria incumpra a obriga establecida no artigo 25.1 desta orde, por cada contratación subvencionada e non substituída conforme o establecido no antedito artigo, procederá o reintegro da axuda concedida pola persoa traballadora de que se trate.

Neste suposto hai que diferenciar entre o reintegro total, cando non se leve a cabo a substitución da persoa traballadora que causou baixa, e o reintegro parcial, que procederá nos seguintes casos:

a) Si se efectuou a substitución, pero esta non foi feita no prazo anteriormente indicado.

O cálculo da contía que se deberá reintegrar parcialmente farase do seguinte xeito:

i. Divídese entre vinte e catro meses a subvención concedida.

ii. Calcúlase o número de meses que o posto estivo vacante, computándose para estes efectos o prazo que se concede para proceder á substitución. Así mesmo, o mes no que se leve a cabo a substitución considerarase como mes de incumprimento, sexa cal sexa o día do dito mes en que aquela se realice.

iii. E multiplícase o importe obtido na primeira operación (i) polo número de meses nos cales o posto de traballo estivese vacante.

b) Si se efectuou a substitución, pero esta non foi feita polo menos cunha xornada de traballo igual ao da persoa que causou baixa, ou no suposto dunha modificación da xornada de traballo da persoa contratada e subvencionada.

Procederá o reintegro parcial da axuda concedida pola diferenza entre a cantidade percibida e a cantidade que correspondería pola xornada inferior e o cálculo da contía que se deberá reintegrar farase do seguinte xeito:

i. Divídese entre vinte e catro meses o importe concedido pola persoa traballadora de que se trate.

ii. Calcúlase a subvención que lle correspondería en función da nova xornada de traballo e divídese entre vinte e catro meses.

iii. Á contía obtida na operación primeira (i) réstaselle a contía obtida na operación segunda (ii).

iiii. O resultado multiplícase polo número de meses que resten ata cumprir os vinte e catro, tendo en conta que o mes no cal se leve a cabo a substitución será computado entre os meses con xornada inferior, sexa cal sexa o día do dito mes en que aquela se realice.

c) Si se efectuou a substitución, pero esta non foi feita cunha nova persoa traballadora pertencente a algún dos colectivos de persoas beneficiarias deste programa polo cal se poida conceder unha subvención por importe igual ou superior ao da persoa que causou baixa.

Procederá o reintegro parcial da axuda concedida pola diferenza entre a cantidade percibida e a cantidade que correspondería á nova contratación e o cálculo da contía que se deberá reintegrar farase do seguinte xeito:

i. Divídese entre vinte e catro meses o importe concedido pola persoa traballadora de que se trate.

ii. Calcúlase a subvención que correspondería en función do colectivo da persoa traballadora substituta, e divídese tamén entre vinte e catro meses.

iii. Á contía obtida na operación primeira (i) réstaselle a contía obtida na operación segunda (ii).

iiii. O resultado multiplícase polo número de meses que resten ata cumprir os vinte e catro, tendo en conta que o mes en que se leve a cabo a substitución será computado entre os meses en que a subvención sería inferior, sexa cal sexa o día do dito mes en que aquela se realice.

2. Cando a persoa beneficiaria incumpra, en medias anuais, a obriga establecida no artigo 25.2, procederá o reintegro parcial da axuda por cada anualidade en que se incumpra esta obriga.

CAPÍTULO V
TR349C. Programa de incentivos á transformación de contratos temporais
en indefinidos

Artigo 27. Ámbito temporal de aplicación e contratacións subvencionables

1. Serán subvencionables ao abeiro deste programa as transformacións en indefinidos dos contratos temporais de prácticas, para a formación e a aprendizaxe, de revezamento ou de substitución por anticipación da idade de xubilación realizadas desde o 1 de xaneiro de 2016 ata o 30 de setembro de 2016, ambas inclusive.

2. Para os efectos deste programa, a transformación do contrato temporal en indefinido deberá producirse ao remate da duración inicial do contrato temporal.

Artigo 28. Requisitos

1. Como consecuencia da contratación indefinida pola cal se solicita subvención ten que incrementarse o cadro de persoal fixo da empresa no ámbito territorial de Galicia respecto á media dos 3 meses anteriores ao mes en que se realiza a contratación pola cal se solicita subvención.

No caso de que algún dos 3 meses anteriores á contratación pola cal se solicita a subvención coincida con períodos de inactividade de persoas traballadoras fixas-descontinuas, estas computaranse como persoal fixo.

Para o cálculo do incremento do cadro de persoal fixo non se computarán ás persoas traballadoras fixas cuxas baixas se producisen por dimisión da persoa traballadora ou por morte, xubilación, incapacidade permanente total ou absoluta ou grande invalidez legalmente recoñecidas ou por resolución durante o período de proba.

2. Non se incentivará a transformación dos contratos temporais en indefinidos sempre que transcorresen máis de 24 meses desde a súa celebración inicial, agás aquelas modalidades temporais cuxa normativa permita unha duración superior a este prazo, e computaranse todas as modalidades contractuais celebradas sen ruptura de continuidade.

3. No caso de transformacións de contratos temporais a tempo completo, a xornada do novo contrato indefinido será a tempo completo (excepto as transformacións de contratos temporais en indefinidos na súa modalidade de fixo-descontinuo, que poderá ter unha duración inferior á xornada a tempo completo en cómputo anual).

Nos supostos de contratos temporais a tempo parcial, a xornada do novo contrato indefinido deberá ser, como mínimo, igual á do contrato que se transforma.

4. As contratacións polas cales se solicita subvención deberán formalizarse e comunicarse á oficina pública de emprego na forma regulamentariamente establecida.

Artigo 29. Contía dos incentivos

1. A transformación de contratos temporais en indefinidos incentivarase con 2.000 euros.

2. A contía do incentivo será proporcional ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, no seu defecto, da xornada ordinaria máxima legal.

3. Os beneficios establecidos á contratación nesta orde non poderán, en concorrencia con outras axudas públicas para a mesma finalidade, superar o 60 % do custo salarial de dúas anualidades correspondentes ao contrato que se subvenciona.

Artigo 30. Exclusións

Exclúense dos beneficios regulados nesta orde:

1. As relacións laborais de carácter especial previstas no artigo 2.1 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, ou noutras disposicións legais, así como as contratacións de traballadores ou traballadoras para prestaren servizos noutras empresas mediante contratos de posta á disposición.

2. Os contratos realizados co cónxuxe, os ascendentes, os descendentes e demais parentes, por consanguinidade ou afinidade, ata o segundo grao inclusive, da empresaria ou empresario ou das persoas que teñan cargos de dirección ou sexan membros dos órganos de administración das empresas que revistan a forma xurídica de sociedade, así como as que se produzan con estes últimos. Non será aplicable esta exclusión cando a persoa empregadora sexa unha persoa traballadora autónoma que contrate como persoa traballadora por conta allea os fillos e fillas menores de 30 anos, tanto se conviven ou non con ela, ou cando se trate dunha persoa traballadora autónoma sen persoas asalariadas e contrate un só familiar menor de 45 anos que non conviva no seu fogar nin estea ao seu cargo.

Artigo 31. Solicitudes e documentación

As solicitudes deberán presentarse no modelo normalizado que figura como anexo II-A, xunto coa seguinte documentación, orixinal ou copia compulsada ou cotexada:

1. No caso de non presentar a autorización para a consulta dos datos de identidade da persoa solicitante e/ou da persoa representante da solicitante no Sistema de verificación de datos de identidade (anexo II-A), de acordo co disposto no Decreto 255/2008, do 23 de outubro, copia do DNI ou do NIE.

Se o solicitante é persoa xurídica, poder suficiente da persoa representante e asinante da solicitude e NIF da empresa no caso de denegar expresamente a súa consulta para a súa verificación a través do servizo de interoperabilidade correspondente no formulario de solicitude.

2. Declaración do cadro de persoal fixo de todos os centros de traballo da empresa en Galicia de cada un dos tres meses anteriores ao mes en que se realiza a transformación (anexo II-B).

3. Documentos TC2 ou documento equivalente expedido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social correspondentes ás tres mensualidades anteriores ao mes de realización da transformación e, se é caso, documentos TC2 ou documento equivalente expedido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social correspondentes á mensualidade da contratación obxecto de solicitude de subvención.

Se é o caso, documentos acreditativos das baixas previstas no artigo 28.1 desta orde.

4. Relación nominal das persoas traballadoras polas cales se solicita subvención na cal se inclúan os custos salariais totais anuais de cada persoa traballadora pola cal se solicita subvención (anexo II-C) e a nómina do mes de contratación.

Artigo 32. Xustificación e pagamento

1. De non achegarse con anterioridade, o pagamento das subvencións quedará condicionado á presentación da documentación xustificativa para o pagamento no prazo, nos termos e no modo establecidos na resolución de concesión ou, de ser o caso, ata o 20 de decembro de 2016. Excepcionalmente e por causas debidamente xustificadas, o órgano concedente poderá outorgar unha ampliación do prazo establecido para a presentación da xustificación que non exceda a metade deste. O acordo de ampliación deberá ser notificado ás persoas ou entidades beneficiarias.

A documentación que haberá que presentar é a seguinte:

a) Documento TC2 ou documento equivalente expedido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social correspondente á mensualidade da contratación obxecto de subvención.

b) Cumprimento por parte da empresa da obriga de informar as persoas traballadoras subvencionadas acerca do financiamento comunitario da subvención dos seus contratos (anexo II-E).

c) Declaración complementaria da presentada coa solicitude, do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para a mesma finalidade das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou, de ser o caso, unha declaración de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións (anexo II-D).

d) De ser o caso, extracto do balance provisional contable da entidade beneficiaria, asinado e selado, que permita verificar a contabilidade separada dos gastos subvencionados e a subvención concedida. Os documentos que se acheguen deben incluír as contas ou as subcontas nas cales se contabilizaron, as datas e os números dos asentos contables, e indicación específica do seu financiamento polo Fondo Social Europeo.

e) Documento acreditativo do cumprimento das obrigas de información e publicidade a que se refire o artigo 14.2.a) desta orde.

f) Información dos indicadores de execución sobre as entidades e os participantes a que se refire o anexo I do Regulamento (UE) número 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de setembro de 2013, relativo ao Fondo Social Europeo, de acordo co modelo que estará dispoñible na páxina web da Consellería de Economía, Emprego e Industria: http://traballo.xunta.es.

2. Non poderá realizarse o pagamento da subvención mentres a entidade beneficiaria non estea ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, ou teña pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma ou sexa debedora en virtude de resolución firme declarativa de procedencia de reintegro.

3. En todo caso, nas axudas deste capítulo respectaranse as condicións da normativa estatal en materia de subvencionalidade dos gastos cofinanciados polo FSE.

Artigo 33. Obrigas das entidades beneficiarias

1. Manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras subvencionadas durante un período de 2 anos contado desde a data de realización da transformación subvencionada.

No suposto de extinción da relación laboral dalgunha persoa traballadora pola cal se concedeu a subvención, a empresa está obrigada a cubrir a vacante, polo menos en tempo de dedicación igual á anterior, cunha nova transformación dun contrato temporal que estivese vixente na data de baixa da persoa traballadora substituída e, de non ser isto posible, cunha nova contratación indefinida inicial realizada cunha persoa desempregada e inscrita no Servizo Público de Emprego. Para cumprir esta obriga a empresa ten de prazo ata o último día do mes seguinte ao da baixa. Esta nova contratación deberá serlle comunicada ao órgano que concedeu a axuda e non dará lugar, en ningún caso, a unha nova subvención.

2. Manter durante 2 anos o número de persoas traballadoras fixas do cadro de persoal no mes de realización da transformación, que se contarán desde o mes de realización da transformación.

3. Unha vez finalizado o período dos dous anos do cumprimento destas obrigas, corresponderá á Secretaría Xeral de Emprego levar a cabo a función de control das subvencións concedidas, así como a avaliación e seguimento deste programa. Para iso, a entidade beneficiaria está obrigada a presentar, nos tres meses seguintes ao remate deste prazo, unha declaración da media do persoal traballador fixo no conxunto dos centros de traballo en Galicia do período de 12 meses contados desde o mes seguinte ao da realización das contratacións subvencionadas. Esta declaración deberá presentarse respecto de cada un dos 2 anos seguintes ao mes en que se realizou a contratación subvencionada. A estas declaracións xuntaranse os documentos TC2 ou documentos equivalentes expedidos pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social das 24 mensualidades.

Ademais, o beneficiario está obrigado a presentar, nos tres meses seguintes ao remate deste prazo, as nóminas das 24 mensualidades correspondentes a cada persoa traballadora subvencionada.

3. No prazo máximo de catro semanas desde o cumprimento dos prazos de mantemento da condición de traballador a que se refire o parágrafo 1 anterior, a entidade beneficiaria deberá presentar, respecto de cada unha das persoas polas cales percibiu a subvención ou as persoas substitutas, os indicadores de resultado inmediatos a que se refire o anexo I do Regulamento (UE) número 1304/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de setembro de 2013, relativo ao Fondo Social Europeo.

A Administración actuante poderá requirir a actualización destes datos no prazo de seis meses desde que finalice este mantemento, coa finalidade de formalizar os indicadores de resultado a longo prazo descritos no antedito regulamento.

Artigo 34. Reintegro

Procederá o reintegro das axudas cando se produza algunha das seguintes circunstancias:

1. Cando a entidade beneficiaria incumpra a obriga establecida no artigo 33.1 desta orde, por cada contratación subvencionada e non substituída conforme o establecido no antedito artigo, procederá o reintegro da axuda concedida pola persoa traballadora de que se trate.

Neste suposto hai que distinguir entre o reintegro total, cando non se leve a cabo a substitución da persoa traballadora que causou baixa, e o reintegro parcial, que procederá nos seguintes casos:

a) Si se efectuou a substitución, pero esta non foi feita no prazo anteriormente indicado.

O cálculo da contía que se vai reintegrar parcialmente farase do seguinte xeito:

i. Divídese entre vinte e catro meses a subvención concedida.

ii. Calcúlase o número de meses durante os cales o posto estivo vacante, computándose para estes efectos o prazo que se concede para proceder á substitución. Así mesmo, o mes en que se leve a cabo a substitución considerarase como mes de incumprimento, sexa cal sexa o día de dito mes en que aquela se realice.

iii. E multiplícase o importe obtido na operación primeira (i) polo número de meses en que o posto de traballo estivese vacante.

b) Si se efectuou a substitución, pero esta non foi feita polo menos cunha xornada de traballo igual á da persoa que causou baixa, ou no suposto dunha modificación da xornada de traballo da persoa contratada e subvencionada.

Procederá o reintegro parcial da axuda concedida pola diferenza entre a cantidade percibida e a cantidade que correspondería pola xornada inferior e o cálculo da contía que se vai reintegrar farase do seguinte xeito:

i. Divídese entre vinte e catro meses o importe concedido pola persoa traballadora de que se trate.

ii. Calcúlase a subvención que lle correspondería en función da nova xornada de traballo e divídese entre vinte e catro meses.

iii. Á contía obtida na operación primeira (i) réstaselle a contía obtida na operación segunda (ii).

iiii. O resultado multiplícase polo número de meses que resten ata cumprir os vinte e catro, tendo en conta que o mes en que se leve a cabo a substitución será computado entre os meses con xornada inferior, sexa cal sexa o día do dito mes en que aquela se realice.

2. Cando a persoa beneficiaria incumpra, en medias anuais, a obriga establecida no artigo 33.2, procederá o reintegro parcial da axuda por cada anualidade en que se incumpra esta obriga.

CAPÍTULO VI
TR349J. Programa de incentivos á contratación temporal

Artigo 35. Ámbito temporal de aplicación e contratacións subvencionables

Serán subvencionables ao abeiro deste programa as contratacións temporais que se formalicen desde o 1 de xaneiro de 2016 ata o 30 de setembro de 2016, ambas inclusive.

Artigo 36. Requisitos

1. Os incentivos previstos neste programa serán de aplicación a todas as modalidades contractuais de carácter temporal realizadas con persoas desempregadas que esgotasen as prestacións por desemprego.

2. Os contratos temporais terán unha duración mínima inicial de 6 meses.

3. Como consecuencia da contratación temporal pola cal se solicita a subvención ten que incrementarse o emprego neto da entidade solicitante no ámbito territorial de Galicia respecto á media dos 3 meses anteriores ao mes de realización da contratación pola cal se solicita subvención.

Para o cálculo do incremento do cadro de persoal non se computarán as persoas traballadoras cuxas baixas se producisen por propia vontade do traballador ou traballadora ou por morte, xubilación, incapacidade permanente total ou absoluta ou grande invalidez legalmente recoñecidas ou por resolución durante o período de proba.

4. As contratacións polas cales se solicita subvención deberán formalizarse e comunicarse á oficina pública de emprego na forma regulamentariamente establecida.

Artigo 37. Contías dos incentivos

1. 200 euros por cada mes completo da duración do contrato, ata un máximo de doce mensualidades. Esta contía incrementarase en 20 euros mensuais no suposto de que a persoa contratada sexa muller.

2. Os beneficios establecidos á contratación nesta orde non poderán, en concorrencia con outras axudas públicas para a mesma finalidade, superar o 60 % do custo salarial das mensualidades obxecto de subvención.

Artigo 38. Exclusións

Exclúense dos beneficios regulados nesta orde:

1. As relacións laborais de carácter especial previstas no artigo 2.1 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, ou noutras disposicións legais, así como as contratacións de traballadores ou traballadoras para prestaren servizos noutras empresas mediante contratos de posta á disposición.

2. Os contratos realizados co cónxuxe, os ascendentes, os descendentes e demais parentes, por consanguinidade ou afinidade, ata o segundo grao inclusive, da empresaria ou empresario ou das persoas que teñan cargos de dirección ou sexan membros dos órganos de administración das empresas que revistan a forma xurídica de sociedade, así como as que se produzan con estes últimos. Non será aplicable esta exclusión cando a persoa empregadora sexa unha persoa traballadora autónoma que contrate como persoa traballadora por conta allea os fillos e fillas menores de 30 anos, tanto se conviven ou non con ela, ou cando se trate dunha persoa traballadora autónoma sen persoas asalariadas e contrate un só familiar menor de 45 anos que non conviva no seu fogar nin estea ao seu cargo.

3. As contratacións realizadas con persoas traballadoras que nos 24 meses anteriores á data da contratación prestasen servizos na mesma empresa ou grupo de empresas mediante un contrato de carácter indefinido ou nos últimos 3 meses mediante un contrato de carácter temporal ou mediante un contrato formativo, de revezamento ou de substitución por anticipación da idade de xubilación. O disposto neste parágrafo será tamén de aplicación no suposto de vinculación laboral anterior do traballador ou da traballadora con empresas ás cales a persoa solicitante dos beneficios sucedese en virtude do establecido no artigo 44 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro.

4. As persoas traballadoras que rematen unha relación laboral de carácter indefinido noutra empresa nun prazo de 3 meses previos á formalización do contrato polo cal se solicita a subvención, agás que a dita relación laboral finalizase por causa dun despedimento recoñecido ou declarado improcedente ou se extinga por algunha das causas sinaladas nos artigos 49.1.g), 51 e 52.c) do Estatuto dos traballadores.

Artigo 39. Solicitudes e documentación

As solicitudes deberán presentarse no modelo normalizado que figura como anexo III-A, xunto coa seguinte documentación, orixinal ou copia compulsada ou cotexada:

1. No caso de non presentar a autorización para a consulta dos datos de identidade da persoa solicitante e/ou da persoa representante da solicitante no Sistema de verificación de datos de identidade (anexo III-A), de acordo co disposto no Decreto 255/2008, do 23 de outubro, copia do DNI ou do NIE.

Se o solicitante é persoa xurídica, poder suficiente da persoa representante e asinante da solicitude e NIF da empresa no caso de denegar expresamente a súa consulta para a súa verificación a través do servizo de interoperabilidade correspondente no formulario de solicitude.

2. Declaración da media do cadro de persoal de todos os centros de traballo da empresa en Galicia en cada un dos tres meses anteriores ao mes de inicio da relación laboral da persoa traballadora contratada (anexo III-B).

3. Relación nominal das persoas traballadoras polas cales se solicita subvención, con indicación do suposto e tipo de axuda que se solicita en que se inclúan os custos salariais totais anuais de cada persoa traballadora pola cal se solicita subvención (anexo III-C) e a nómina do mes de contratación.

4. Documentos TC2 ou documento equivalente expedido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social correspondentes ás tres mensualidades anteriores ao mes de realización da contratación e, se é o caso, documentos TC2 ou documento equivalente expedido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social correspondentes á mensualidade da contratación obxecto de solicitude de subvención.

Se é o caso, documentos acreditativos das baixas previstas no artigo 36.3 desta orde.

6. No caso do contrato para a formación e aprendizaxe, acordo formativo autorizado pola Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral.

Artigo 40. Xustificación e pagamento

1. De non achegarse con anterioridade, o pagamento das subvencións quedará condicionado á presentación da documentación xustificativa para o pagamento no prazo, nos termos e no modo establecidos na resolución de concesión ou, de ser o caso, ata o 20 de decembro de 2016. Excepcionalmente e por causas debidamente xustificadas, o órgano concedente poderá outorgar unha ampliación do prazo establecido para a presentación da xustificación que non exceda a metade deste. O acordo de ampliación deberá ser notificado ás persoas ou entidades beneficiarias.

A documentación que haberá presentar é a seguinte:

a) Documento TC2 ou documento equivalente expedido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social correspondente á mensualidade da contratación obxecto de subvención.

b) Cumprimento por parte da empresa da obriga de informar as persoas traballadoras acerca do financiamento comunitario da subvención dos seus contratos, segundo o modelo do anexo III-E.

c) Declaración complementaria da presentada coa solicitude, do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para a mesma finalidade das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou, de ser o caso, unha declaración de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións (anexo III-D).

d) De ser o caso, extracto do balance provisional contable da entidade beneficiaria, asinado e selado, que permita verificar a contabilidade separada dos gastos subvencionados e a subvención concedida. Os documentos que se acheguen deben incluír as contas ou as subcontas en que se contabilizaron, as datas e os números dos asentos contables, e indicación específica do seu financiamento polo Fondo Social Europeo.

e) Documentación acreditativa do cumprimento das obrigas de información e publicidade a que se refire o artigo 14.2 a) desta orde.

f) Información dos indicadores de execución sobre as entidades e os participantes a que se refire o anexo I do Regulamento (UE) número 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de setembro de 2013, relativo ao Fondo Social Europeo, de acordo co modelo que estará dispoñible na páxina web da Consellería de Economía, Emprego e Industria: http://traballo.xunta.es.

2. Non poderá realizarse o pagamento da subvención mentres a entidade beneficiaria non estea ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social ou teña pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma ou sexa debedora en virtude de resolución firme declarativa de procedencia de reintegro.

3. En todo caso, nas axudas deste capítulo respectaranse as condicións da normativa estatal en materia de subvencionalidade dos gastos cofinanciados polo FSE.

Artigo 41. Obrigas das entidades beneficiarias

1. Manter no seu cadro de persoal a persoa traballadora contratada polo período de duración do contrato obxecto de subvención.

No suposto de extinción da relación laboral dunha persoa traballadora pola cal se concedeu a subvención, a entidade beneficiaria está obrigada a cubrir a vacante cunha nova contratación temporal, polo menos en tempo de dedicación igual ao anterior, e a nova persoa traballadora deberá pertencer ao colectivo de persoas beneficiarias deste programa. Esta substitución deberá realizarse ata o último día do mes seguinte ao da baixa. Esta nova contratación deberá serlle comunicada ao órgano que concedeu a axuda e non dará lugar, en ningún caso, a unha nova subvención.

2. Unha vez finalizado o período de cumprimento desta obriga, corresponderalle á Secretaría Xeral de Emprego levar a cabo a función de control das subvencións concedidas, así como a avaliación e seguimento deste programa.

3. No prazo máximo de catro semanas desde o cumprimento dos prazos de mantemento da condición de traballador a que se refire o parágrafo 1 anterior, a entidade beneficiaria deberá presentar, respecto de cada unha das persoas polas cales percibiu a subvención ou as persoas substitutas, os indicadores de resultado inmediatos a que se refire o anexo I do Regulamento (UE) núm. 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de setembro de 2013, relativo ao Fondo Social Europeo.

Artigo 42. Reintegro

1. Entenderase que se produce un incumprimento parcial e, polo tanto, procederá o reintegro parcial das axudas cando a persoa traballadora non sexa substituída pola empresa unha vez que transcorrese a duración mínima do contrato para que este poida ser subvencionado. O cálculo da contía que se reintegrará farase en función dos meses en que a persoa traballadora estivo na empresa en relación coa duración total do contrato obxecto de subvención.

2. Entenderase que se produce un incumprimento total e, polo tanto, procederá o reintegro total dos incentivos cando a persoa traballadora subvencionada cese na súa relación laboral antes de que transcorra o período mínimo de subvención e a empresa non proceda a substituílo.

CAPÍTULO VII
TR349D. Programa de incentivos á contratación de persoas desempregadas
en situación ou risco de exclusión social

Artigo 43. Ámbito temporal de aplicación e contratacións subvencionables

1. Serán subvencionables ao abeiro deste programa as contratacións indefinidas iniciais e as contratacións de carácter temporal realizadas desde o 1 de xaneiro de 2016 ata o 30 de setembro de 2016, ambas inclusive, formalizadas con persoas desempregadas pertencentes a algún dos colectivos en risco de exclusión social relacionados no artigo 3.2 desta orde e as persoas desempregadas perceptoras da Risga definidas no artigo 3.4 desta orde.

2. Os incentivos previstos neste programa serán de aplicación ás contratacións indefinidas iniciais, a tempo completo ou a tempo parcial, incluída a modalidade de fixo descontinuo, que realicen as empresas e as entidades empregadoras con persoas en risco de exclusión social.

3. Os incentivos previstos neste programa serán de aplicación a todas as modalidades contractuais de carácter temporal, a tempo completo ou a tempo parcial, que se realicen con persoas desempregadas pertencentes a algún dos colectivos relacionados no artigo 3.2 desta orde.

Artigo 44. Requisitos

1. Como consecuencia da contratación indefinida inicial pola cal se solicita subvención ten que incrementarse o cadro de persoal fixo da empresa, no ámbito territorial de Galicia, respecto aos tres meses anteriores ao mes de realización da contratación pola cal se solicita subvención.

2. Como consecuencia da contratación indefinida inicial e da contratación temporal que se fomenta ten que incrementarse o emprego neto da empresa no ámbito territorial de Galicia, respecto aos tres meses anteriores ao mes de realización da contratación pola cal se solicita subvención.

3. Para o cálculo do incremento do cadro de persoal fixo e neto non se computarán as persoas traballadoras fixas cuxo contrato de traballo se extinga por causas obxectivas ou por despedimento disciplinario que non sexan declarados improcedentes ou cuxas baixas se producisen por dimisión da persoa traballadora ou por morte, xubilación, incapacidade permanente total ou absoluta ou grande invalidez legalmente recoñecidas ou por resolución durante o período de proba.

No caso de que nos tres meses anteriores á contratación pola cal se solicita a subvención coincida con períodos de inactividade de persoas traballadoras fixas-descontinuas, estas computaranse como persoal fixo.

4. A xornada da contratación indefinida inicial a tempo parcial deberá ser como mínimo do 50 % da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, no seu defecto, da xornada máxima legal.

5. O contrato temporal formalizado con persoas desempregadas pertencentes a algún dos colectivos en risco de exclusión social relacionados no artigo 3.2 desta orde deberá ter unha duración inicial mínima de 6 meses.

5. O contrato temporal formalizado con persoas desempregadas perceptoras da Risga definidas no artigo 3.4 desta orde deberá ter unha duración inicial mínima de 7 meses.

6. As contratacións polas cales se solicita subvención deberán formalizarse e comunicarse á oficina pública de emprego na forma regulamentariamente establecida.

Artigo 45. Contías dos incentivos

1. As contratacións indefinidas iniciais incentivaranse cunha axuda de 10.000 euros.

2. As contratacións temporais incentivaranse de seguinte xeito:

Duración do contrato

Contía

6 meses

2.500 €

7 meses

2.900 €

8 meses

3.300 €

9 meses

3.700 €

10 meses

4.100 €

11 meses

4.550 €

12 meses

5.000 €

3. A contía dos incentivos será proporcional ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, no seu defecto, da xornada ordinaria máxima legal.

4. Os beneficios establecidos á contratación neste programa non poderán, en concorrencia con outras axudas públicas para a mesma finalidade, superar o 60 % do custo salarial das mensualidades obxecto de subvención.

Artigo 46. Exclusións

A) Contratación indefinida inicial:

1. As relacións laborais de carácter especial previstas no artigo 2.1 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, ou noutras disposicións legais, así como as contratacións de traballadores ou traballadoras para prestaren servizos noutras empresas mediante contratos de posta á disposición.

2. Os contratos realizados co cónxuxe, os ascendentes, os descendentes e demais parentes, por consanguinidade ou afinidade, ata o segundo grao inclusive, da empresaria ou empresario ou das persoas que teñan cargos de dirección ou sexan membros dos órganos de administración das empresas que revistan a forma xurídica de sociedade, así como as que se produzan con estes últimos. Non será aplicable esta exclusión cando a persoa empregadora sexa unha persoa traballadora autónoma que contrate como persoa traballadora por conta allea os fillos e fillas menores de 30 anos, tanto se conviven ou non con ela, ou cando se trate dunha persoa traballadora autónoma sen persoas asalariadas e contrate un só familiar menor de 45 anos que non conviva no seu fogar nin estea ao seu cargo.

3. As contratacións realizadas con persoas traballadoras que nos 24 meses anteriores á data da contratación prestasen servizos na mesma empresa ou grupo de empresas mediante un contrato de carácter indefinido ou nos últimos 3 meses mediante un contrato de carácter temporal ou mediante un contrato formativo, de revezamento ou de substitución por anticipación da idade de xubilación. O disposto neste parágrafo será tamén de aplicación no suposto de vinculación laboral anterior do traballador ou da traballadora con empresas ás cales a persoa solicitante dos beneficios sucedese en virtude do establecido no artigo 44 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro.

4. As persoas traballadoras que rematen unha relación laboral de carácter indefinido noutra empresa nun prazo de 3 meses previos á formalización do contrato polo cal se solicita a subvención, agás que a dita relación laboral finalizase por causa dun despedimento recoñecido ou declarado improcedente ou se extinga por algunha das causas sinaladas nos artigos 49.1.g), 51 e 52.c) do Estatuto dos traballadores.

B) Contratación temporal:

1. As relacións laborais de carácter especial previstas no artigo 2.1 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, ou noutras disposicións legais, así como as contratacións de traballadores ou traballadoras para prestaren servizos noutras empresas mediante contratos de posta á disposición.

2. Os contratos realizados co cónxuxe, os ascendentes, os descendentes e demais parentes, por consanguinidade ou afinidade, ata o segundo grao inclusive, da empresaria ou empresario ou das persoas que teñan cargos de dirección ou sexan membros dos órganos de administración das empresas que revistan a forma xurídica de sociedade, así como as que se produzan con estes últimos. Non será aplicable esta exclusión cando a persoa empregadora sexa unha persoa traballadora autónoma que contrate como persoa traballadora por conta allea os fillos e fillas menores de 30 anos, tanto se conviven ou non con ela, ou cando se trate dunha persoa traballadora autónoma sen persoas asalariadas e contrate un só familiar menor de 45 anos que non conviva no seu fogar nin estea ao seu cargo.

Artigo 47. Solicitudes e documentación

As solicitudes deberán presentarse no modelo normalizado que figura como anexo IV-A, xunto coa seguinte documentación, orixinal ou copia compulsada ou cotexada:

1. No caso de non presentar a autorización para a consulta dos datos de identidade da persoa solicitante e/ou da persoa representante da solicitante no Sistema de verificación de datos de identidade (anexo IV-A), de acordo co disposto no Decreto 255/2008, do 23 de outubro, copia do DNI ou do NIE.

Se o solicitante é persoa xurídica, poder suficiente da persoa representante e asinante da solicitude e NIF da empresa no caso de denegar expresamente a súa consulta para a súa verificación a través do servizo de interoperabilidade correspondente no formulario de solicitude.

2. Documentos TC2 ou documento equivalente expedido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social correspondentes ás tres mensualidades anteriores ao mes de realización da contratación.

3. No caso de contratación indefinida inicial, declaración do cadro de persoal, neto e fixo, de todos os centros de traballo da empresa en Galicia nos tres meses anteriores ao mes de inicio da relación laboral da persoa traballadora contratada pola cal se solicita subvención (anexo IV-B).

Se é o caso, documentos acreditativos das baixas previstas no artigo 44.3 desta orde.

4. No caso de contratación temporal, declaración do cadro de persoal neto de todos os centros de traballo da empresa en Galicia nos tres meses anteriores ao mes de inicio da relación laboral da persoa traballadora contratada pola cal se solicita subvención (anexo IV-C).

5. Relación nominal das persoas traballadoras polas cales se solicita subvención, con indicación do suposto e tipo de axuda que se solicita na cal se inclúan os custos salariais totais anuais de cada persoa traballadora pola cal se solicita subvención (anexo IV-D) e a nómina do mes de contratación.

6. Documentos TC2 ou documento equivalente expedido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social correspondentes á mensualidade da contratación obxecto de solicitude de subvención.

7. Documentos acreditativos das características que determinen a súa pertenza ao correspondente colectivo subvencionado.

Artigo 48. Xustificación e pagamento

1. De non achegarse con anterioridade, o pagamento das subvencións quedará condicionado á presentación da documentación xustificativa para o pagamento no prazo, nos termos e no modo establecidos na resolución de concesión ou, de ser o caso, ata o 20 de decembro de 2016. Excepcionalmente e por causas debidamente xustificadas, o órgano concedente poderá outorgar unha ampliación do prazo establecido para a presentación da xustificación que non exceda a metade deste. O acordo de ampliación deberá ser notificado ás persoas ou entidades beneficiarias.

A documentación que hai que presentar é a seguinte:

a) Documento TC2 ou documento equivalente expedido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social correspondente á mensualidade da contratación obxecto de subvención.

b) Declaración do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para a mesma finalidade das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou, de ser o caso, unha declaración de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións, complementaria da presentada coa solicitude, segundo o modelo do anexo IV-E.

c) Cumprimento por parte da empresa da obriga de informar as persoas traballadoras acerca do financiamento comunitario da subvención dos seus contratos, segundo o modelo do anexo IV-F.

d) De ser o caso, extracto do balance provisional contable da entidade beneficiaria, asinado e selado, que permita verificar a contabilidade separada dos gastos subvencionados e a subvención concedida. Os documentos que se acheguen deben incluír as contas ou as subcontas en que se contabilizaron, as datas e os números dos asentos contables.

e) Documentación acreditativa do cumprimento das obrigas de información e publicidade a que se refire o artigo 14.2.a) desta orde.

f) Información dos indicadores de execución sobre as entidades e os participantes a que se refire o anexo I do Regulamento (UE) número 1304/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de setembro de 2013, relativo ao Fondo Social Europeo, de acordo co modelo que estará dispoñible na páxina web da Consellería de Economía, Emprego e Industria: http://traballo.xunta.es.

2. Non poderá realizarse o pagamento da subvención en canto a entidade beneficiaria non estea ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social ou teña pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma ou sexa debedora en virtude de resolución firme declarativa de procedencia de reintegro.

3. En todo caso, nas axudas deste capítulo respectaranse as condicións da normativa estatal en materia de subvencionalidade dos gastos cofinanciados polo FSE.

Artigo 49. Obrigas das entidades beneficiarias

1. Son obrigas das entidades beneficiarias.

A) Contratación indefinida inicial:

Manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras subvencionadas durante un período de 2 anos contado desde a data de realización da contratación.

No suposto de extinción da relación laboral dunha persoa traballadora pola cal se concedeu a subvención, a entidade beneficiaria está obrigada a cubrir a vacante cunha nova contratación indefinida inicial, polo menos en tempo de dedicación igual ao anterior, e a nova persoa traballadora deberá ser desempregada e pertencente a algún dos colectivos en risco de exclusión social relacionados no artigo 3.2 desta orde. Esta substitución deberá realizarse ata o último día do mes seguinte ao da baixa. Esta nova contratación deberá serlle comunicada ao órgano que concedeu a axuda e non dará lugar, en ningún caso, a unha nova subvención.

B) Contratación temporal:

Manter no seu cadro de persoal a persoa traballadora contratada polo período de duración do contrato obxecto de subvención.

No suposto de extinción da relación laboral dunha persoa traballadora pola cal se concedeu a subvención, a entidade beneficiaria está obrigada a cubrir a vacante cunha nova contratación temporal, polo menos en tempo de dedicación igual ao anterior, e a nova persoa traballadora deberá ser desempregada e pertencente a algún dos colectivos en risco de exclusión social relacionados no artigo 3.2 desta orde. Esta substitución deberá realizarse ata o último día do mes seguinte ao da baixa. Esta nova contratación deberá serlle comunicada ao órgano que concedeu a axuda e non dará lugar, en ningún caso, a unha nova subvención.

2. Unha vez finalizado o período de cumprimento desta obriga, corresponderalle á Secretaría Xeral de Emprego levar a cabo a función de control das subvencións concedidas, así como a avaliación e seguimento deste programa.

No caso da contratación indefinida inicial, o beneficiario está obrigado a presentar, nos tres meses seguintes ao remate deste prazo, as nóminas das 24 mensualidades correspondentes a cada traballador subvencionado.

3. No prazo máximo de catro semanas desde o cumprimento dos prazos de mantemento da condición de traballador a que se refire o parágrafo 1 anterior, a entidade beneficiaria deberá presentar, respecto de cada unha das persoas polas cales se percibiu a subvención ou as persoas substitutas, os indicadores de resultado inmediatos a que se refire o anexo I do Regulamento (UE) número 1304/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de setembro de 2013, relativo ao Fondo Social Europeo.

Artigo 50. Reintegro

Procederá o reintegro da axuda cando se produza algunha das seguintes circunstancias:

A) Contratación indefinida inicial:

1. Cando a entidade beneficiaria incumpra a obriga establecida no artigo 49.1 a) deste capítulo, por cada contratación subvencionada e non substituída conforme ao establecido no antedito artigo, procederá o reintegro da axuda concedida pola persoa traballadora de que se trate.

Neste suposto hai que diferenciar entre o reintegro total, cando non se leve a cabo a substitución da persoa traballadora que causou baixa, e o reintegro parcial, que procederá nos seguintes casos:

a) Si se efectuou a substitución, pero esta non foi feita no prazo anteriormente indicado.

O cálculo da contía que hai que reintegrar parcialmente farase do seguinte xeito:

i. Divídese entre vinte e catro meses a subvención concedida.

ii. Calcúlase o número de meses que o posto estivo vacante, computándose para estes efectos o prazo que se concede para proceder á substitución. Así mesmo, o mes en que se leve a cabo a substitución considerarase como mes de incumprimento, sexa cal sexa o día do dito mes en que aquela se realice.

iii. E multiplícase o importe obtido na primeira operación (i) polo número de meses en que o posto de traballo estivese vacante.

b) Si se efectuou a substitución pero esta non foi feita polo menos cunha xornada de traballo igual ao da persoa que causou baixa, ou no suposto dunha modificación da xornada de traballo da persoa contratada e subvencionada.

Procederá o reintegro parcial da axuda concedida pola diferenza entre a cantidade percibida e a cantidade que correspondería pola xornada inferior e o cálculo da contía que hai que reintegrar farase do seguinte xeito:

i. Divídese entre vinte e catro meses o importe concedido pola persoa traballadora de que se trate.

ii. Calcúlase a subvención que lle correspondería en función da nova xornada de traballo e divídese entre vinte e catro meses.

iii. Á contía obtida na operación primeira (i) réstaselle a contía obtida na operación segunda (ii).

iiii. O resultado multiplícase polo número de meses que resten ata cumprir os vinte e catro, tendo en conta que o mes en que se leve a cabo a substitución será computado entre os meses con xornada inferior, sexa cal sexa o día do dito mes en que aquela se realice.

B) Contratación temporal:

1. Entenderase que se produce un incumprimento parcial e, polo tanto, procederá o reintegro parcial das axudas, cando a persoa traballadora non sexa substituída pola empresa unha vez que transcorrese a duración mínima do contrato para que este poida ser subvencionado. O cálculo da contía que se reintegrará farase en función dos meses en que a persoa traballadora estivo na empresa en relación coa duración total do contrato obxecto de subvención.

2. Entenderase que se produce un incumprimento total e, polo tanto, procederá o reintegro total dos incentivos cando a persoa traballadora subvencionada cese na súa relación laboral antes de que transcorra o período mínimo de subvención e a empresa non proceda a substituíla.

Disposición adicional primeira. Delegación de competencias

Apróbase a delegación de atribucións da persoa titular da Consellería de Economía, Emprego e Industria nos xefes e xefas territoriais, no ámbito das súas respectivas provincias, para resolver a concesión ou denegación das axudas e subvencións previstas nesta orde, así como para autorizar, dispor, recoñecer a obriga e propor os correspondentes pagamentos, e para resolver os procedementos de reintegro das subvencións indebidamente percibidas polas persoas beneficiarias, respecto das resolucións concesorias de que derivan, ditadas por delegación da persoa titular da consellería.

Apróbase a delegación de atribucións da persoa titular da Consellería de Economía, Emprego e Industria na persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego para a tramitación e resolución dos expedientes de redistribución dos créditos necesarios para o financiamento desta orde.

Disposición adicional segunda. Información sobre a xestión de subvencións

En cumprimento do disposto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do dito artigo será comunicado á Base de datos nacional de subvencións (BDNS). A BDNS dará traslado ao Diario Oficial de Galicia do extracto da convocatoria para a súa publicación.

Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento da orde

Facúltase a persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego para que dite, no ámbito das súas competencias, as resolucións e instrucións necesarias para o desenvolvemento e cumprimento desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2016

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file