Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 14 de xullo de 2016 Páx. 30310

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

EXTRACTO da Orde do 10 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á creación de emprego e incremento da estabilidade laboral, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016.

BDNS (Identif.): 311690.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Entidades beneficiarias

As empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.

Segundo. Obxecto

Fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o ano 2016 dos programas de incentivos á contratación por conta allea que teñen por finalidade favorecer o emprego estable e facilitar a empregabilidade e ocupabilidade das persoas traballadoras con maiores dificultades de inserción laboral, a través dos seguintes programas:

I. TR349A. Programa de incentivos á contratación indefinida inicial.

II. TR349C. Programa de incentivos á transformación de contratos temporais en indefinidos.

III. TR349J. Programa de incentivos á contratación temporal.

IV. TR349D. Programa de incentivos á contratación de persoas desempregadas en situación ou risco de exclusión social.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 10 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á creación de emprego e incremento da estabilidade laboral, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016.

Cuarto. Importe

Para a concesión destas axudas destínase un millón cincocentos trinta e seis mil oitocentos dezaoito euros (1.536.818 €), de acordo coa seguinte distribución:

I. TR349A. Programa de incentivos á contratación indefinida inicial: 399.415 €.

II. TR349C. Programa de incentivos á transformación de contratos temporais en indefinidos: 513.273 €.

III. TR349J. Programa de incentivos á contratación temporal: 399.415 €.

IV. TR349D. Programa de incentivos á contratación de persoas desempregadas en situación ou risco de exclusión social: 224.715 €.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes das axudas establecidas nesta orde comezará o día seguinte ao da súa publicación e finalizará o 30 de setembro de 2016.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2016

Francisco Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria