Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 14 de xullo de 2016 Páx. 30551

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2016 pola que se anuncia a contratación por procedemento aberto, suxeito a regulación harmonizada e con tramitación ordinaria, dun servizo integral de helicópteros e brigadas con destino á prevención e defensa contra os incendios forestais e á prevención, vixilancia e coordinación de medios aéreos de defensa contra incendios forestais durante o ano 2016; proposta 42/16-I (expediente 31/2016).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo integral de helicópteros e brigadas con destino á prevención e defensa contra os incendios forestais e á prevención, vixilancia e coordinación de medios aéreos de defensa contra incendios forestais durante o ano 2016 (proposta 42/16-I).

c) División por lotes e número: si, lote 1: helicópteros de tipo lixeiro co persoal das brigadas helitransportadas correspondentes; lote 2: helicóptero e técnicos coordinadores.

d) Prazo de execución: a execución do servizo de cada un dos lotes desenvolverase na anualidade 2016, de acordo co establecido no prego de prescricións técnicas, unha vez formalizado o correspondente contrato.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 60442000-8.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria; aberto suxeito a regulación harmonizada.

Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares (automáticos).

4. Orzamento de licitación:

Importe total: 857.775,90 € (exento de IVE).

Valor estimado: 1.679.729,50 € (incluídas posibles ampliacións).

5. Financiamento: fondos propios.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: segundo as alíneas J e K da folla de especificaciones (admítese a clasificación: grupo R, subgrupo 6, categoría 5 (lote 1) ou categoría 3 (lote 2), equivalente á categoría D (lote 1) ou C (lote 2).

7. Garantía exixida: definitiva: lote 1 de 33.921,80 € e para o lote 2 de 8.967,00 € (5 % do orzamento de licitación, excluído o IVE).

8. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: edificio posterior dereito, nº 4, San Caetano, s/n, planta baixa, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 37 e 881 99 93 88 (consultas administrativas); 981 54 61 30 e 981 54 60 64 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Enderezo electrónico: licitacion.mediorural@xunta.gal

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o 30 de xullo de 2016, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=31169

9. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: o 30 de xullo de 2016.

b) Documentación necesaria: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela) e poderase enviar por correo, dentro do prazo de admisión sinalado, a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciar a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47), ou ben ao enderezo de correo electrónico: licitacion.mediorural@xunta.gal

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do 9 de agosto de 2016.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do/s adxudicatario/s.

12. Outras informacións: establecese como condición especial de execución que, con anterioridade a cada incorporación, a empresa contratista dispoña das pólizas de seguros coas coberturas estipuladas no número 13 do PPT, do persoal exixido no número 2.9 do PPT para a composición completa das brigadas helitransportadas; dos medios materiais previstos no PPT (EPIs, ferramentas, vehículos todoterreo).

13. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 21 de xuño de 2016.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2016

A conselleira do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG núm. 223, do 23 de novembro)
Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural